Posta en funcionamento do foro de A Quenda do Libro

Ola amig@s! 
Hoxe mesmo entrou en funcionamento o Foro da Quenda do Libro , un proxecto que anunciaramos ao comezo do curso.

Podes acceder a el dende a pestana que o sinala na barra superior ou dende a icona da esquerda.

Xa temos iniciado o asunto sobre El rostro de la sombra de Alfredo Gómez Cerdá,Buenos días Princesa  de Blue Jeans, La verdad sobre el caso de Harry Quebert de Joël Dicker e El héroe discreto de Vargas Llosa así que podes entrar e falar.
Pero se non che interesan estes libros podes entrar en calquera das categorías que se ofrecen e falar ou propoñer ou comentar ou preguntar.

Seguro que as persoas que non podían asistir ás reunións presenciais teñen moito que dicir aquí. 

Agardamos a vosa colaboración para que este novo proxecto teña continuidade.

Táboas que renxen ao pisalas


Na  reunión celebrada o pasado martes,10 de marzo,cos alumnos /as de 2º A de E,S,O, realizamos algunhas actividades previas á lectura  do libro Los Armario Negros de J.M. Gisbert.                                                       A maioría coñecía ao autor por ter lido algunha obra deste con anterioridade,mesmo un alumno lembraba varios títulos: La mirada oscura, Los espejos venecianos , El misterio de los abismos , El misterio de la isla de Tökland.   Ao ser preguntados sobre o que agardaban do libro proposto,responderon que imaxinaban que sería de  medo , porque iso é o que lles suxería a cor "negra" dos armarios. Tamén pensan que alguén vai entrar nun armario, que haberá asasinos e moita  escuridade, mesmo por medio do armario se accederá a un mundo de monstros.Cren que o título é sinistro.
Que consideran os alumnos/as  de 2º debe haber  nunha historia para que esta  lles produza medo? Din que ten que haber mortes, pantasmas, misterio, médicos, sangue... e tod@s coinciden en que haxa moita escuridade.
Tamén coñecen outras historias e películas de terror como "Hotel Transilvania", "El Exorcista", "Scream", "Llanuras en la tierra"...
Para que unha casa sexa escenario dunha historia de medo, que características debe posuír? As respostas indican que debe ser vella; preferentemente, abandonada , con teas de araña, táboas rotas que renxen ao pisalas, illada, mesmo "no medio do monte"...
Ao final da reunión os alumnos e alumnas semellan estar desexando comezar a ler Los Armarios negros e descubrir que se esconde na súa escuridade.


  

Entrenando para ser "Flanagans"

       O martes pasado, un fato de rapazas e rapaces de 2º B acudiron á reunión de A Quenda do Libro na que a mediadora lles presentou a próxima lectura , No te laves las manos Flanagan de Jaume Ribera e Andreu Martín.
Como un dos pesonaxes é Sibila, unha suposta vidente , a profe quixo facer  de  adiviñadora e   co xogo do Martelo  Vermello non o conseguiu totalmente   mais o de adiviñar o número que pensaba cada un/unha d@s asistentes foi un tremendo exito.Houbo quen , de seguida se decatou do mecanismo pero aínda hai algún que segue pensando como o conseguín se cada rapaz /a pensou un número diferente.Ai, que inocencia!!
As seguintes actividades xa foron destinadas a , como dixeron el@s mesm@s, entrenar para ser un detective.
Tardaron  pouco en interpretar as pistas para saber o día da semana do que falabamos;andaron moi perdidos  descubrindo o que estaba debuxado nunhas imaxes que estudaron con detemento; e non foron quen de descubrir a letra que continuaba unha serie , a pesar de ser lóxica pura. 
Aínda que tiñan un exame na hora seguinte , ninguén se quería erguer da súa cadeira sen saber a solución  do derradeiro enigma.Doadísima, tiráronse dos cabelos  cando llela dixen.
Creo que  tod@s levan un/unha detective dentro, so teñen que aprender a ler os indicios e interpretar axeitadamente as pistas.Hoxe superaron o nivel I. Probablemte  titulen tod@s.

Reunión do alumnado de 2º de E.S.O

Ola amig@s de 2º de E.S.O!
Lembrade que o vindeiro martes,10 de marzo, ás 11:15 teremos as reunións programadas  dentro da actividade do Club de Lectura para remexer nos armarios, eso si, coas mans ben lavadas!!
@s de  A irán á Aula Multimedia  e @s de B irán á aula de 1º B.
Agardámosvos!!

Máis interesante que entretido

Quizás esa sexa a frase que resume as opinións do profesorado asistente á reunión do Club de Lectura  no que comentamos El Juego de Ender de Orson Scott.
A compañeira que propuxera o libro , unha namorada da ciencia-ficción , foi quen realmente levou  coordinación da sesión que comezou cos comentarios de que  tiña un  final ben orixinal que moitos precisamos reler para entender mellor.
Á maioría cústanos imaxinar a sala  na que suceden, na nosa opinión, demasiadas batallas.Nela Ender prepárase sen descanso para unha guerra contra os insectores que van ser  aniquilados  grazas a el e a súa cualidade innata ,que na escola se encargan de fomentar e potenciar.
Pobre Ender! Está so, nun medio hostil e debe actuar sempre despois dunha análise, dunha observación e en función dos medios dos que dispón.E sempre  morriñento se pensa na súa irmá,unha das poucas mulleres que aparecen na novela xunto coa súa nai ( que ten presenza case testemuñal) e con Petra, unha compañeira da escola que resulta ser a que protagoniza a única misión fallida.
A pesar de ser unha novela publicada no 1985 observamos nela situacións que semellan ser precursoras  da época actual.Por exemplo a maneira de comunicarse podería ser un anticipo de facebook ou twitter; as simulacións por ordenador son moi empregadas hoxe na Fórmula 1 ou na pilotaxe dos avións; a creación de correntes de opinión desenvolvidas por Valentina e Peter non teñen nada que envexarlle ás que hoxe espallan os partidos políticos ou empresas periodísticas; e non esquezamos a política sobre fillos que nos transporta á China actual ou eso de "inventarse" un enimigo para non "matarnos" entre nós...
Salientamos que o personaxe que resultou máis atraínte foi Peter por ese lado escuro que provoca certo desexo de analizalo con detemento.
Decatámonos de que nesta novela son os maiores os que precisan aos nenos que, se ben non teñen experiencia, resultan uns seres maleables e susceptibles de converterense en salvadores do mundo se se preparan adecuadamente. Por iso debatemos e concordamos en que a educación modifica ás persoas e falamos de  exemplos que nos permitían aceptar como absolutamente válida esa premisa.
En defensa deste tipo de novelas, lanzouse a afirmación  de que a ciencia-ficción narra feitos que non existen, que resultan inverosímiles mesmo polas digresións espacio-temporais   pero non por iso deixa de ser boa literatura, polo menos algunhas obras.
Para rematar , animóusenos ,a estas persoas que somos menos proclives, a ler a segunda parte da novela de Scott que incumple aquilo de que "nunca segundas partes foron boas" porque é mellor.









No bordo dos acantilados

O pasado martes houbo reunión do grupo de 3º B de E.S.O. que pertence ao club.
Fixemos unha sesión de animación baseada na novela que algúns aínda non empezaron a ler.Ai, que ocupadiños están!!
Comezamos divagando sobre cal é o lugar onde aprenden a volar as gaivotas ( título do libro).
Despois explicamos a orixe dos nomes  dos protagonistas masculinos da novela:Arturo e Erik.  E tirando dese fío,deron coa información que nos levou aos vikingos e , a partir deles, viaxamos a Noruega, país que se "vende" como "o poder da natureza"
Puxemos en común o que sabiamos sobre ese país nórdico e  aumentamos os nosos coñecementos chamándonos a atención, sobre todo, a aurora boreal e o sol de medianoite.
Con relación a este último , debatemos sobre se nos gustaría ou non vivir nun lugar no que as 24 horas do día o sol é visible e houbo algún espelido que estaba a favor porque se lle dicían que regresara á casa antes da noite  , habíalle render o tempo.
A nosa rapazada non escollería  Noruega para  practicar inglés, iría a Londres aínda que , dado que varias das persoas asistentes estiveron  hai pouco alí, concordan en que na capital británica moito español se fala!
Mencionamos os diferentes temas presentes na novela: amor,honor, guerra...e xustificamos a súa presenza.
Algo que destacamos na reunión foi a reiterada mención a películas  espallada por toda a obra.E para que se fixeran unha idea de como eran os filmes , vimos os trailers de  Excalibur  de John Boorman ( película que tivo moita importancia na existencia de Arturo). E , como o tempo era exiguo mencionamos La vida es bella  de Benigni , Una odisea en el espacio de  Stanley Kubrick o Blader Runner de Ridley Scott. 
Se queren , xa saben a onde ir mirar os trailers e así ,quizás,entenderán mellor  a historia.
Continuaremos falando ... pero outro día.E xa estarán tamén @s que ían ao teatro clásico.

Que vai ler o noso grupo de adult@s ?

Na derradeira reunión de adultos do Club de Lectura quedamos en ler La verdad sobre el caso de Harry Quebert de Joël Dicker.
Quen matou a Nola Kellergan? De iso é do que trata este thriller que leva máis dun ano sendo o favorito de moit@s lector@s que atopan nas súas páxinas un fantástico entretemento mentres comproban como os personaxes menten ou dicen o que cren verdade e é mentira porque as apariencias enganan.
Sóavos?
Pois, por diante temos case 700 páxinas  para xogar a detectives e para quitar todo o que poidamos da lectura e acudir  o mércores,27 de maio , á biblioteca do instituto , ás 17:15 horas e falar e falar  do que nos pasou con esta novela.

E se estás interesad@ podes ler, tamén  , El rostro de la sombra de Alfonso Gómez Cerdá e así poderás celebrar connosco o día do libro, o 23 de abril , data na que nos reuniremos  todas as persoas da comunidade educativa que desexen comentar ou dicir o que pensaron, o que sentiron,o que reflexionaron lendo esta novela que , abofé, ten a súa miga.
Esta reunión especial do club será ás 11:15 h na Biblioteca do I.E.S.
Deste derradeiro título déixovos o booktrailer  que xa vos anticipa algunha das interesantes cuestións que se plantexan coa súa lectura.



        

 A gozar coas lecturas!!


 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India