11 mar 2015

Entrenando para ser "Flanagans"

       O martes pasado, un fato de rapazas e rapaces de 2º B acudiron á reunión de A Quenda do Libro na que a mediadora lles presentou a próxima lectura , No te laves las manos Flanagan de Jaume Ribera e Andreu Martín.
Como un dos pesonaxes é Sibila, unha suposta vidente , a profe quixo facer  de  adiviñadora e   co xogo do Martelo  Vermello non o conseguiu totalmente   mais o de adiviñar o número que pensaba cada un/unha d@s asistentes foi un tremendo exito.Houbo quen , de seguida se decatou do mecanismo pero aínda hai algún que segue pensando como o conseguín se cada rapaz /a pensou un número diferente.Ai, que inocencia!!
As seguintes actividades xa foron destinadas a , como dixeron el@s mesm@s, entrenar para ser un detective.
Tardaron  pouco en interpretar as pistas para saber o día da semana do que falabamos;andaron moi perdidos  descubrindo o que estaba debuxado nunhas imaxes que estudaron con detemento; e non foron quen de descubrir a letra que continuaba unha serie , a pesar de ser lóxica pura. 
Aínda que tiñan un exame na hora seguinte , ninguén se quería erguer da súa cadeira sen saber a solución  do derradeiro enigma.Doadísima, tiráronse dos cabelos  cando llela dixen.
Creo que  tod@s levan un/unha detective dentro, so teñen que aprender a ler os indicios e interpretar axeitadamente as pistas.Hoxe superaron o nivel I. Probablemte  titulen tod@s.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India