Estreamos club de lectura en Bacharelato!

E xa lle tiña ganas!!
Despois de  tres anos de andaina, por fin!, este Club de lectura  conta con un grupo de 1º de Bacharelato.
Hoxe, martes, tivemos a primeira reunión de contacto á que acodiron  os rapaces e rapazas da fotografía. Falamos de lecturas e datas de reunións.
Eles , xa dende o xuño pasado, tiñan moi claro o que querían ler.
De modo que, comezaremos con Crónica de una muerte anunciada de Gabriel García Márquez . 
Comprometéronse a ter lida a novela para o vindeiro 4 de novembro.
Así que , se es de 1º de Bac e che gustaría ler este libro ,ou xa o fixeches ,e/ou  estás interesado en compartir connosco as túas opinións sobre a mesmo, lembra que na vindeira reunión deste grupo, podes facelo. Agradecerémoscho.

Outro libro liberado

Ola amig@s!
O verán  é tempo de vacacións pero, ademais, é tempo de ler, de viaxar...E así o fixo un dos libros que foran liberados polo 23 de abril, El curioso incidente del perro a medianoche de  Mark Haddon que partiu do verán de Chantada,cruzou o Atlántico e chegou  ao Pacífico, a Chile, exactamente ao inverno de Viña del Mar, na rexión de Valparaíso onde foi liberado por un amigo de A Quenda do Libro.
Libro amigo, que teñas unha boa viaxe nas mellores compañías.
Arriba tedes a fotografía do momento e lugar da liberación nun dos corredores 
( si, alí son así) da Universidade de Viña del Mar (UVM).
Coñecida esta historia, xa sabedes que se tendes algún libro con ganas de viaxar que o podedes deixar  na Zona de Liberación do I.E.S Lama das Quendas. E se queredes algún dos que alí están so hai que pasar e collelo,levalo para a casa e despois de leelo ( se queredes) liberalo de novo onde vós queirades.
Esto dos libros viaxeiros ratifica o proverbio tuareg que di:"libros, camiños e días dan as persoas sabiduría."
Moitos libros, camiños e días para tod@s vós.


A soas cos lectores, esa pequena maioría


Pedro Feijoo: A soas cos lectores, esa pequena maioría. from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Ola amig@s!
Para dar fin a esta serie temática sobre as VII Xornada dos Clubs de Lectura, déixovos coa conferencia que  pechaba o día, a de Pedro Feijoo, autor galego  benquerido polos lectores que ben saben a quen escollen e por que elixen ,fóra das modas e das campañas publicitarias.
O título da súa charla é o que vai ao comezo desta entrada e trata sobre a recuperación do contacto coa masa lectora galega a través dos best-sellers( tan denostados por algúns críticos). Ademáis  o escritor compartiu connosco a súa experencia dentro do sitema literario  galego  e cos clubs de lectura.
Escoitádeo a el que se explica moi ben.
E , despois de escoitalo, non esquezades que é  moi recomendable ler as súas novelas.
Boas lecturas, pois!
Aburiño!!

Os mediadores e a soidade do lector

Ola !
Este título non é propio , tomeino prestado de Luis González Martín, Director Xeral da Fundación Germán Sánchez Ruipérez  e relator da conferencia inaugural na VII Xornada dos Clubs de Lectura o pasado 6 de xuño.
Por se for do voso interese , déixovos o vídeo que vos recomendo porque  hai reflexións interesantes.


Luis González Martín. Fundación Germán Sánchez Ruipérez from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Aburiño!!

Outras experiencias en distintos Clubs de Lectura de Galiza

Ola amig@s de A Quenda do Libro!
Cada un d@s que pertencemos ao Club de Lectura do Lama das Quendas sabemos o que facemos neste proxecto ,que so ten tres anos de andaina, e sabemos como nos sentimos dentro del , pero é moi enriquecedor escoitar o que se fai noutros lugares, noutros centros e aprender para cambiar algo que pode ser mellorable  ou reforzar o que cremos que estamos facendo ben.
Mª Xesús, Susana, Gracia e Ana belén ,compañeiras dos Clubs de Lectura de institutos das catro provincias galegas fasn as súas aportacións nunha mesa de experiencias que ten por título" Unha visión sobre as lectoras e os lectores dos clubs de Lectura e o papel da persoa mediadora".
Velaí tedes o vídeo:



Unha visión sobre as lectoras e os lectores dos clubs e o papel da persoa mediadora from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Aburiño!!

Rematan os cambios no blog

Ola a tod@s!
Díxenvos hai uns días que estabamos remodelando o Blog do Club de Lectura para facelo un pouco máis atractivo e operativo. Ben, pois tras algunhas horas de traballo (e grazas á axuda impagable dalguén experto nestas lides)  esas modificacións remataron e xa estamos a pleno rendemento aínda que queda pendente algunha novidade , que en forma de sección, se introducirá ao longo do curso.
Sabede que mudamos a dirección deste blog. Mantemos todo o que había e seguiremos actualizando a páxina pero con nova dirección . Así que se queredes entrar na páxina do Club de lectura do I.E.S. Lama das Quendas haberedes teclear aquendadolibro.blogspot.com porque a vella xa non funciona.
Nesa páxina agardamos os vosos comentarios sobre o novo blog e sobre calquera  entrada que se publique ao longo do curso 2014-2015.Animádevos e participade!
Grazas de antemán pola vosa colaboración.
Aburiño!!

O que a VII Xornada dos Club de Lecturas deu de si

Ola amig@s!
Lembrades que a finais do curso pasado asistín á VII Xornada dos Clubs de Lectura a Santiago e que fixen algún  comentario nalgunha entrada  ao respecto? Pois agora quero deixarvos o enlace  co vídeo que Bibliotecas Escolares de Galicia fixo como resumo das actividades realizadas para que teñades información visual e auditiva sobre o evento.




 En entradas sucesivas , e mentres a rapazada non se incorpore ao centro, irei proporcionándovos o acceso a todos os vídeos da xornada.
Que quitedes proveito!
Aburiño!

Estamos de volta!

Ola amig@s!
Tralas vacacións deste raro, a nivel climatolóxico, verán xa estamos de volta.
Todo ben? Tod@s ben? Xa contaredes.
Agora , neste 1º de setembro,so desexo mandarvos un saúdo e informarvos de que "estamos en obras" no blog porque desexamos facerlle un lavado de cara e melloralo, no que sexa posible, para facelo máis práctico e útil para tod@s . Así que, se observades calquera "cousa rara" mentres estamos traballando nel  , disculpade e pensade o difícil que é vivir nunha casa mentres se fan obras nela. A que si?
Pouco a pouco irei "subindo" novas " deste par de meses pasados porque A Quenda do Libro, coma a cabeza, non para!
Como aínda hai tempo, sobre todo para vós ,rapaciños e rapaciñas, lede, e lede e volvede a ler! 
Vémonos antes do que quixerades!Jajaja.
Aburiño!!

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India