Reunións finais do primeiro trimestre...


Dende Luskan con amor...

O noso grupo de aventureiras xa está en Luskan, unha cidade do Norte. Serán capaces de afrontar con éxito a misión que un misterioso home de negro (cun anel e un colar a todas luces máxicos) lles propuxo? Terán que ter coidado, pois non todo é o que parece...


Fantasía épica I

Comezou hoxe en serio o grupo de fantasía épica... Estarán Paula, Claudia, Iria, Verónica, Marielys, Sara López e Beatriz (e as que faltan) preparadas para a aventura? Pronto o saberemos...


"A pantasma do hip-hop" xa dispoñíbel!


Comezamos os ensaios de "O enfermo 4M"...






"A pantasma do hip-hop" este martes!!!


Primeiras reunións por grupos!


Libros do grupo do profesorado e persoal non docente!


Libros do grupo de nais, pais e amigas!

Velaquí os libros do grupo de nais, pais e amigas do club de lectura para este primeiro trimestre!!!


Comezamos!


En memoria...

"Lúa chea de outono:
a miña sombra lévame consigo
e regresa"
Traducido dun haiku de Sodo.

Na memoria de Ricardo Corral Bóveda, membro do club de lectura de nais, pais e amigxs, e recentemente finado. R.I.P.


Desvelamos a obra común!

Velaquí o libro común para todos os grupos do club de lectura "A Quenda do Libro". Como este curso andaremos arredor da temática fantástica (en todas as súas variantes: fantasía épica, terror e ciencia ficción), que mellor que esta obra de Olimpio Arca Caldas "O enfermo 4M" para ir afacéndonos...

Atentas ás datas da súa representación por parte do alumnado de 1º de Bacharelato!!!

Comezamos!!!
 


Comezamos curso!!!


Finalizamos o curso!!!




Reunións do alumnado do mes de xuño...


A pantasma do hip-hop...

Hai lecturas que dan moito de si...



Rosa das rosas...


Excursión a Celanova!


Tomás González Ahola no Lama das Quendas!


Calendario de reunións do mes de maio...


"Non me deixes nunca".


Na mañá do 23 de marzo tivemos a xuntanza do club de lectura do profesorado para falarmos de "Non me deixes nunca", do Premio Nobel do pasado ano Kazuo Ishiguro.

Novela complexa, por momentos densa e lenta, por mor dunha precisa e pormenorizada descrición de personaxes, lugares, sensacións... Unha aparentemente simple historia do día a día nun internado, contada en primeira persoa pola protagonista, na que as aventuras e desventuras dun grupo de estudantes van deixando entrever que nesa idílica porción da campiña inglesa non todo é o que parece.

Un libro que da que pensar cara onde vai esta sociedade creando un mundo distópica que nos lembrou na reunión a George Orwell ("1984"), Ray Bradbury ("Fahrenheit 451") ou Haruki Murakami ("1Q84" ou "Los años de peregrinación del chico sin color"). Non é para calquera momento nin cecais para todos os públicos... pero non deixa indiferente.


Calendario de reunións do mes de abril...




Dous libros de temáticas moi diferentes foron os protagonistas da charla que tivemos no club de nais, pais e amigxs. Por unha banda, o conxunto de relatos de “Da fría e distante Estrela Polar” de Tomás González Ahola, relatos que aparentemente pouco teñen que ver entre si, mais que segundo van avanzando aparece un misterioso fío condutor, un misterioso, arrepiante, sanguento fío condutor que se vai facendo máis presente, máis denso, máis agónico, máis… e ate aí podemos ler sen desvelar nada. Acudiu á conversa sobor o libro, cecais inevitabelmente, a obra de H. P. Lovecraft (Tomás González Ahola é o seu tradutor ao galego) e o mito de Cthulu. Por aí poida que vaian os tiros… Ben, como o 15 de maio vai vir ao instituto, poderemos preguntarllo!

O outro libro, “Patria” de Fernando Aramburu, un libro que a través da historia de dúas familias cunha longa amizade (dende rapaces) rómpese por mor do conflito euskaldún e ETA. Un libro longo, que nun comezo parecía complexo de ler, mais que grazas a unha estrutura de moitos capítulos curtos e hábiles encadeamentos de lembranzas, idas e voltas polo tempo e unha narración clara e directa, fai que pouco a pouco vaia enganchando. Un tema complexo, e cecais levado ao seu límite ao amosárense múltiples puntos de vista en personaxes e accións ben deseñadas (as personaxes femininas son probabelmente as máis interesantes), aínda que cecais algo estereotipadas… Mais un achegamento necesario segundo o que se foi falando durante a reunión, que faría falta facer máis con determinados episodios da historia da España máis recente, ou da non tan recente…

Próximas paradas, “Por que as sombras non teñen ollos” de Luis Manuel García Mañá e “O alquimista” de Paulo Coelho.


Libros para o terceiro trimestre!!!

Libros para este terceiro trimestre en "A quenda do libro".
1º ESO: Alaia e a deusa, de Tomás González Ahola.
2º ESO: Binomios fantásticos, de Miguel Robledo.
3º ESO e 4º ESO: El fantasma de la ópera, de Gastón Leroux.
Bacharelato: Drifters, de Kôta Hirano, e Shingeki no Kyojin, de Hajime Isaxama.
Nais, pais e amigxs:  Por que as sombras non teñen ollos, de Luis Manuel García Mañá e/ou O alquimista, de Paulo Coelho.
Profesorado e persoal non docente: Da fría e distante Estrela Polar, de Tomás González Ahola.


"Alaia e a deusa".

Nas dúas últimas semanas do segundo trimestre tivemos sendas reunións co alumnado do club de 2º A e B de E.S.O. que estivo a ler “Alaia e a deusa”, de Tomás González Ahola.

Baixo a aparencia dun típico libro de aventuras, destacaron por un lado a época histórico-mitolóxica na que acontece a historia, con referenzas á Atlántida ou ao pobo nerio (nome co que se coñeceron aos antigos habitantes da Costa da Morte), pobo ao que pertence a protagonista da historia, Alaia. Por outra banda, tamén puxeron de manifesto a amizade entre ela e a Serpe-Besta, cecais o fío condutor da obra segundo algúns lectores, e que marca o destino da neria no final da obra…

Mais o que deu moito que falar, e xurdiron máis que interesantes debates, foi a relación amorosa entre Alaia e Tálice, unha moza pertencente á clase aristocrática. E é que non é moi habitual que na literatura, e sobor de todo, na literatura chamada “xuvenil” se traten ese tipo de historias que, por desgraza, seguen a ser un tabú na nosa sociedade…


Relatos dos binomios fantásticos!!!


Pois xa temos os relatos dalgúns membros do club de lectura de 1º de E.S.O.!

O pasado venres 16 de marzo tivemos a “premiere” mundial deles coa súa lectura na reunión na hora de lecer. Relatos, lembrade, que partiron da lectura recomendada deste segundo trimestre, “Binomios fantásticos” de Miguel Robledo, e da creación dos nosos propios binomios, que ademais de fantásticos poderiamos engadir estranos…

Nas seguintes semanas irémolos publicando, a ver que vos parecen…

Reunións...


"Bailade mia senhor"

"Bailade mia senhor", recitais comentados com instrumentos antigos: oud, sinfonia, cítola e psaltério.


L'Inferno de Dante...

"Images em movemento no Lama das Quendas com músicas medievais ao vivo!!! Vejam, vejam!!!".


Recital de lírica medieval...


Facendo cousas diferentes co grupo de 4º de E.S.O. en "A quenda do libro"...
"No medio do camiño da miña vida
atopeime nun bosque escuro,
onde se perde o camiño recto…”
"O Inferno" de "A divina comedia", Dante.


Bailade mia senhor!

"Começou nestes dias
nos que a Luz vai medrando
a nossa homenagem
a um rei dantano, um rei sábio"

"Bailade mia senhor",
Semanas da Lírica Galego-Portuguesa no Lama das Quendas.


E Manuel Rivas estivo no Lama das Quendas...


Entrevista concedida a TeleVinte Chantada.

Alaia e a deusa


Hoxe tocoulle a quenda ao alumnado do club de 2º de E.S.O., que anda a ler “Alaia e a deusa” de Tomás González Ahola. Aínda están nos seus primeiros capítulos, mais a ambientación da historia levounos a falar do período prerromano da Galiza no que cecais situou a historia da pequena Alaia…

Xurdiu así un pequeno xogo, que consistiu en, partindo dos pobos castrexos do sur da provincia de Lugo “lemavi”, “cileni”, “seurri”, “bubali” e “baedyi”, situalos nun mapa actual tendo en conta a toponimia existente… Logo dun trebón de ideas, disparates, risas e algún que outro razoamento lóxico, chegamos á solución. E de onde a sacamos? Deste interesante artigo no blogue “A Eirexe”:


E os nerios, tribo á que pertence a nosa Alaia de onde serán? E existiría a cidade de Thaladé? Uhm, seguiremos investigando, e seguiremos informando…



Trebellando con "Binomios fantásticos..."

Lendo e comentando “Binomios fantásticos” de Miguel Robledo, libro ilustrado editado polo Sindicato del Cómic de Ourense, déusenos por xogar coas palabras e, trebellando e trebellando, fixemos o seguinte: nun saquiño puxemos nomes de cousas, e noutro adxectivos. Logo unímolos ao chou e saíronnos binomios máis ou menos fantásticos, dos cales fixemos micro-historias. Mais non nos quedamos aí, non! Nunha segunda sesión, engadimos unha personaxe que, tamén ao azar, correspondeulle cadanseu obxecto… Foron nados así os nosos…

BINOMIOS EXTRAÑOS!!!

Permanecede atentxs ás historias de…

O GRANXEIRO ANANO e o MILLO CORREDOR.
O INMIGRANTE MÁXICO e o PENDENTE GUAPO.
O GAITEIRO e o seu ORDENADOR EXTRAÑO.
BATMAN, o seu amigo FRAN e a FRAUTA ANTIGA.
O CAZADOR de MESAS BONITAS.
O MÚSICO e o BOLÍGRAFO DE ALUMINIO.
O ZAPATEIRO e a IGREXA FEA.
A TIA RITA e a ÁRBORE GRANDE.
O SEMENTADOR DEMENTE e a súa SEMENTE LERENTE.

A TÍA FILIBERTA “A GUERRILLEIRA” e a VACA GRANDE.


Binomios fantásticos...

A luva foi lanzada... propuxémoslle ao alumnado do club de lectura de 1º de E.S.O. que escribiran sustantivos nun papel, e adxectivos noutro... remexémolos ben e xuntamos un de cada para facer un binomio... serán tamén tan fantásticos como os do libro de Miguel Robledo?


Listado de libros do segundo trimestre!

Libros para este segundo trimestre en "A quenda do libro".
1º ESO: Binomios fantásticos, de Miguel Robledo.
2º ESO: Alaia e a deusa, de Tomás González Ahola.
3º ESO: El trovador oscuro, de Carlo Fabretti.
4º ESO: A divina comedia (O Inferno), de Dante.
Bacharelato: Escolma de lírica medieval galego portuguesa.
Nais, pais e amigxs: Da fría e distante Estrela Polar, de Tomás González Ahola e/ou Patria, de Fernando Aramburu.
Profesorado e persoal non docente: Non me deixes nunca, de Kazuo Ishiguro.


Con Tomás Camacho...

Foto de familia da visita de Tomás Camacho, compositor/arranxista xunto co seu fillo Gaël Camacho das músicas que aparecen na obra teatral "Nos espazos do soño" de Xosé Vázquez Pintor, e que onte compartiu os momentos previos á representación dos dous primeiros actos da mesma co alumnado de Música de Bacharelato e con membros do club de lectura "A quenda do libro".

Na charla falamos da obra (tanto da parte literaria como da musical), de actuar en público, do traballo de "titiriteiro" (ben sexa como actuante, musicante ou entre bastidores) e dalgunhas anécdotas da súa vida como docente e intérprete.

Moitas grazas Tomás pola túa xenerosidade!


Mañá ás 17:30 horas, e aproveitando que Tomás Camacho, un dos autores da música de "Nos espazos do soño", vai vir ao instituto para ver a obra de teatro feita polo alumnado de Música de 1º de Bacharelato (comenzaremos ás 19:00!!!), teremos un encontro con el... Mil grazas Tomás!


Nos espazos do soño, este mércores...


 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India