Libro de narrativa do club de lectura das nais, pais e amigas (I trimestre)

Unha presa de terra
Marilar Aleixandre

O cadáver dunha muller, Lulú, aparecido nun ascensor, é o punto de arranque de esta novela de intriga. Ademais da policía, aparece unha detective privada, Ana, que vai investiga-lo caso, ó tempo que se engaiola dun dos principias sospeitosos.




Libro de poesía do club de lectura das nais, pais e amigas (I trimestre)

Desescribindo
Marilar Aleixandre

En Desescribindo as voces das mulleres gabean desde as marxes dos pergamiños até arrogarse o papel do Verbo, empuñan o lapis contra a tinta invisibilizada,xorden da auga sen consentir en trocar voz por pernas, lembran que as cordas do violín dalgúns foron tripas arrincadas das entrañas doutras. Non é un proceso que transcorra sen conflito, deixa cicatrices que ás veces precisan ser esgazadas de novo.



Día das Escritoras 2020

Angeline Rose, Elena, Estela, Iván, María, Mateo, Rebeca, Sara, Tim, Juan e Tania len fragmentos de Chiyo-ni, Ledicia Costas, Antía Otero, Gloria Fuertes, Emma Couceiro, Arancha Nogueira, Lupe Gómez, Chus Pato e Arantza Portabales (a quen pertence o último texto) para celebrar hoxe, 19 de outubro, o Día das Escritoras.

https://www.ivoox.com/dia-das-escritoras-2020-audios-mp3_rf_57981641_1.html

Libro de poesía do club de lectura do profesorado e persoal non docente (I trimestre)

De animais e outros deuses
Ángeles Madriñán

Medrar é facerse cargo do pouco que un ten para o lonxe que quere ir. Onde todo acaba e só che queda a terra das unllas para sementar nela, alí nace a poesía deste libro. Porén albardada con pouca cousa es quen de agatuñar polos vieiros prohibidos ás nenas bonitiñas que non luxan o vestido. Na cima do penedo fitei para o Monte de Mouroces coa calma precisa. Souben que non necesitaba ir máis lonxe. Que xa chegara. Que estaba na casa.
- Na casa, repetín cun berro que o eco me devolveu coma unha caricia.
- Na casa.



Libro de narrativa do club de lectura do profesorado e persoal non docente (I trimestre)

Mnemea
Xosé Duncan

Miña sombra, meu reflexo, miña dona
Esta é a historia dun libro que está por escribir, dunhas páxinas que se resisten a encherse de palabras. A obsesión de Lois Mourinho por rematalo lévao até os confíns da loucura, ao limiar da realidade onde Mnemea o agarda.
A sombra desa muller con recendo a primavera bísballe ao ouvido… Canto sacrificarías por acadar o éxito? Canta dor serías capaz de provocar con tal de cumprir os teus soños? Que é o realmente importante? Que perdurará de ti cando xa non esteas? É o momento de decidir se seguimos alimentando os nosos demos ou se rematamos con eles, para sempre.



Quino, 1932-2020. Que a terra che sexa leve...


 

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India