30 sept 2013

Reunión do alumnado de 1º e 2º de E.S.O

       Ola!
       Se és de 1º ou 2º de E.S.O. e  che gustan os libros  e  compartir o que les, realizar actividades relacionadas coa lectura  e pasar un bo anaco os martes na hora do recreo...vén á reunión de A Quenda do Libro que terá lugar o vindeiro martes, 1 de outubro,ás 11:15 no Salón de Actos do I.E.S. Lama das Quendas.

       Vémonos e comezaremos a planificación do clube.
       Aburiño!

28 sept 2013

Un novo capítulo

       Ola amigos! 
       Hoxe asomámonos  a este  blog ,silandeiro durante o verán,  para estrear lecturas.
      Estamos a piques de iniciar unha nova entrega da historia de A Quenda do Libro,unha obra protagonizada por un bo fatado de nenos e nenas,  mulleres e homes que nos xuntamos no Lama das Quendas para comentar as nosas lecturas.
      Estades preparados?
      Non o dubido.
      Douvos a benvida neste recén estreado outono e prégovos que permanezades atentos ás novas e ás convocatorias que irei realizando.
      Quero desexarvos o mesmo que Forges



       
       O meu abrazo máis libresco para tod@s vós.

       Aburiño.
     
     

19 jun 2013

Este verán ten un libro a man



         O club de Lectura A Quenda do Libro  e a Biblioteca do IES Lama das Quendas  queremos  ofrecerlle a tod@ comunidade educativa  a posibilidade de  levar tres libros en préstamo para  o verán.
      So tedes que pasar pola biblioteca nesta derradeira semana de curso. Elixir  os tres libros que ti queiras, dar o teu carné  ( ou o nº) da  biblioteca ...
       

         E xa poder ir coas lecturas cara a casa para gozar  dun gran  verán no que ademais de xogar, pasear, durmir,nadar... poderás gozar  con todo  o que un libro che amosa




     Lembra que , en setembro, cando comecemos o curso , na  semana do 23 ao 27 , debes pasar pola biblioteca para devolvelos.

     Feliz verán a todo@s e moi boas lecturas!

18 jun 2013

Por este curso rematamos

       Ola a tod@s!
     Non será esta a derradeira entrada deste 2012-13 ( porque como ben se di o curso remata en setembro) pero isto vai acabando...

     Neste momento de recapitulación quería deixar por escrito algunha cousiña sobre os diferentes grupos do Club:  pais , nais,profes e alumnado.

     Comezamos polos rapaces e rapazas que durante todo o ano un martes tras outro acudiron á Aula multimedia para gozar coas lecturas e coas actividades    realizadas .Grazas a tod@s e agardo que  vos quedara bo sabor de boca e  que aló por setembro -outubro  queirades atoparvos de novo coas propostas do Club de lectura.

     Aos  compañeir@s do IES  agradecervos os anacos  que pasamos xuntos para comentar calquera novela  e os atinados comentarios e diferentes suxestións que en cada reunión aportastes. Ofrecéstesvos a seguir o vindeiro ano e eu tómovos a palabra (e prometo levarvos algo dóce).

      No apartado de pais e nais debo manifestar a miña satisfacción pola boa acollida que entre vós tivo o  proxecto. Na derradeira reunión fostes vós os que con todo entusiasmo dixestes" seguimos para o ano ,non?" Mesmo un grupo de pais e nais  que ,por razóns diversas,  non puidestes vir á xuntanza marcada , pola rúa ou na compra me preguntastes polos "deberes" para o verán. Sodes fantásticos. Pois ben  ,eu estou disposta a continuar con estas reunións para falar das lecturas e do que cuadre , como non podía ser menos.

    Para os profes e para pais e nais quedamos en ler no verán o que cada quen quixera , que na primeira reunión se  comentaría o lido e se proporía  calquera  lectura interesante que atopase. Así que xa sabedes.

     So me resta darvos as GRAZAS  o máis alto e forte que poida pola vosa colaboración.


    Moi boas lecturas!!

     

12 jun 2013

Os de 1º B de ESO crean textos divertidos.



      Ola!
      Derradeiro martes con rapaces  de A Quenda do libro. Onte despedímonos coa rapazada de 1º B de ESO. 
     Algúns  disculparon a súa ausencia por mor  dalgunha proba que tiñan que facer, que estamos a fin de curso,pero os que viñeron  riron a esgalla.


     


Xogamos aos "cadáveres exquisitos" de Rodari e , a verdade, é que houbo quen chorou coa risa. 




         




Aí tedes algunhas fotografías  nas que se ve aos  de 1º B de ESO durante a reunión.







       
         E outra de grupo para remate.  

 

       Xa nos despedimos ata o curso que vén.

            Aburiño. 


10 jun 2013

Reunión do alumnado do club . 1ºB de ESO

          Ola! 

       Mañá martes, como xa sabedes, a rapazada de 1º B de ESO reunirase na Aula Multimedia na derradeira   xuntanza  de rapaces deste curso 2012-13.

      Levaremos  panos por se alguén  solta algunha bágoa. Parécevos?

      Ata mañá.

5 jun 2013

Faladoiro de Dime quién soy

          Ola!!
       Onte, martes 4 de xuño, reunímonos na Aula Multimedia un grupo de profesoras e un profesor para comentar a novela de Julia Navarro titulada Dime quién soy.



       Para empezar, debo dicir que nos gustou a tod@s os que estabamos na reunión( e a un par de compañeiras máis que, por razóns de traballo non podían estar presentes).A lectura resultou amena e interesante.

       Cómpre tamén engadir que partimos da base de que é un superventas no que non podemos atopar ( nin a buscabamos) a calidade  doutras pezas da literatura universal, pero resulta entretido e , pola realidade histórico-social que reflicte ,bastante ilustrativo dunha época española , e tamén  europea, que non queremos que se volva repetir.

       
       Algúns consideramos que á protagonista, Amelia Garayoa, pásalle todo o inimaxinable e sempre sae victoriosa   das peores situacións.

       Algunha pasaxe  resúltanos  dificimente creíble pero ... xa se sabe: falamos de ficción.
       Séguenos asombrando a actuación de tantos espías ,de diferente orixe,no noso país.

         
       Varias compañeiras afirmaron intuir o final xa na metade do libro máis outr@s  tivemos que chegar ao final.

       Cremos  que  na  novela aparecen temas interesantes como a dificultade de encontrar traballo dos novos ( neste caso periodistas), os líos familiares , o movemento obreiro despois da República, as tensións e manipulacións nos partidos políticos...

       Falando, falando chegou o remate da reunión que nos deixou bo sabor de boca.

       Xa quedamos para o novo curso.

       Amig@s foi un verdadeiro pracer compartir convosco estas lecturas.

       Grazas.








 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India