Ola a tod@s!
Non será esta a derradeira entrada deste 2012-13 ( porque como ben se di o curso remata en setembro) pero isto vai acabando...
Neste momento de recapitulación quería deixar por escrito algunha cousiña sobre os diferentes grupos do Club: pais , nais,profes e alumnado.
Comezamos polos rapaces e rapazas que durante todo o ano un martes tras outro acudiron á Aula multimedia para gozar coas lecturas e coas actividades realizadas .Grazas a tod@s e agardo que vos quedara bo sabor de boca e que aló por setembro -outubro queirades atoparvos de novo coas propostas do Club de lectura.
Aos compañeir@s do IES agradecervos os anacos que pasamos xuntos para comentar calquera novela e os atinados comentarios e diferentes suxestións que en cada reunión aportastes. Ofrecéstesvos a seguir o vindeiro ano e eu tómovos a palabra (e prometo levarvos algo dóce).
No apartado de pais e nais debo manifestar a miña satisfacción pola boa acollida que entre vós tivo o proxecto. Na derradeira reunión fostes vós os que con todo entusiasmo dixestes" seguimos para o ano ,non?" Mesmo un grupo de pais e nais que ,por razóns diversas, non puidestes vir á xuntanza marcada , pola rúa ou na compra me preguntastes polos "deberes" para o verán. Sodes fantásticos. Pois ben
,eu estou disposta a continuar con estas reunións para falar das lecturas e do que cuadre , como non podía ser menos.
Para os profes e para pais e nais quedamos en ler no verán o que cada quen quixera , que na primeira reunión se comentaría o lido e se proporía calquera lectura interesante que atopase. Así que xa sabedes.
So me resta darvos as GRAZAS o máis alto e forte que poida pola vosa colaboración.
Moi boas lecturas!!
0 comentarios:
Publicar un comentario