23 abr 2013

Festexamos o Día do Libro 2013

        
          Animado recreo o de hoxe na Biblioteca do noso IES! 
         
         Unha chea de rapaces e rapazas de todos os cursos da ESO participaron na lectura continuada de Don Quijote de Miguel de Cervantes ,do que  hoxe se conmemora o aniversario do seu pasamento.
        Uns lían e outr@s escoitaban, e así, de vagar , rematou o tempo de lecer coa pena de que algúns rapaces non puideron tomar a palabra.
          Haberá máis ocasións.
          Deixovos unhas fotografías dalgúns dos lectores e pido disculpas aos que,a pesar de que estiveron e leron ,non aparecen retratados.Problemas  técnicos non permitiron  que saísedes tod@s.
            
          Grazas por colaborar e xa sabedes... En abril , libros mil!


          
           

21 abr 2013

Día Internacional do libro e dos dereitos de autor



16 abr 2013

Reunión do alumnado de 4º de ESO



    Así con amistosa competencia 
      Música y Poesía 
      en una misma lira tocaremos 
                           T. de Iriarte, La música (1779) 


          Así dicía nos seus tempos o  coñecido fabulista Iriarte e iso foi o que puxemos en práctica coas alumnas de 4º de ESO: buscamos  a mistura da palabra de Neruda coa música e voz de varios intérpretes  musicais.

                                       Iniciamos a sementeira  de versos nesta primavera  e dentro de , apróximadamente un mes, teremos xa a colleita.


                                    Que as palabras prendan e os versos floreen enchendo os campos da nosa vida.

                                            Aburiño!!

15 abr 2013

Reunión do alumnado de 3º e 4º de ESO

          Ola rapazada de 3º e 4º!
         
          Mañá, 16 de abril, , como cada martes,
          teremos reunión na Aula Multimedia,ás
         11:45.

          Agárdovos para deleitarnos con
          Neruda!!

          Vémonos.
          Aburiño!!!


        


9 abr 2013

Vida perdurable para José Luis Sampedro.





          O pasado domingo, 7 de abril faleceu José Luis Sampedro.
          Ata hoxe , martes, 9 de abril, cando xa fora incinerado , non saiu á luz a noticia do  seu pasamento por desexo expreso deste economista-escritor indignado.

          Dende o blogue do  Club de Lectura A Quenda do Libro  queremos renderlle un sinxelo homenaxe  e agradecerlle que teña existido.

          Os pais e nais do noso clube temos  para comentar  La Sonrisa Etrusca, unha das súas novelas máis coñecidas. No seu momento  trataremos de analizar  todo o valor  deste  home que vén de deixarnos.
          Mentres , podemos ler  o seu  Credo persoal  por se nos valera esta declaración de fe.

Credo personal

Creo en la Vida Madre todopoderosa

Creadora de los cielos y de la Tierra.

Creo en el hombre, su avanzado Hijo

concebido en ardiente evolución,

progresando a pesar de los Pilatos

e inventores de dogmas represores

para oprimir la Vida y sepultarla.

Pero la Vida siempre resucita y el Hombre

sigue en marcha hacia el mañana.

Creo en los horizontes del espíritu

que es la energía cósmica del mundo.

Creo en la Humanidad

siempre ascendente.

Creo en la Vida perdurable.

Amén.

José Luis Sampedro

Un bingo de poemas.

          Hoxe co alumnado  de 1º B, na Aula Multimedia, montamos un Bingo!
          
          Cada rapaz encheu o cartón co título dos seus poemas preferidos de Mi primer libro de poemas , e ... a xogar. 

          Cantaron liña Martiño, mariana,Jennifer, Marina,David, Lucas, Elena...  E, ao final, cantou bingo o compañeiro David!

          Mirade que atarefados e que alegres estaban!


            Creo que o pasamos tan ben que cando soou o timbre non tiñamos  présa por volver ás clases, verdade?

       
            Logo nos vemos de novo  nos poemas!


          Aburiño!

8 abr 2013

Reunión de rapazas e rapaces de 1º B

          Ola amigos de 1º B! Por fin poderemos xuntarnos!



          Vémonos!
          Aburiño!

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India