18 abr 2023

Libro de BD e Manga do club de lectura do alumnado (III trimestre)

Watchmen
Alan Moore e Dave Gibbons

Nueva York, 1985. El cruento asesinato de Edward Blake, el Comediante, deja tras de sí un smiley manchado de sangre y moviliza a los pocos justicieros que aún viven. Uno de los más resolutivos e implacables, Rorschach (Walter J. Kovacs), emprende una investigación que le hará reencontrarse con el desengañado Búho Nocturno (Dan Dreiberg), el poderoso Dr. Manhattan (Jon Osterman), el multimillonario Ozymandias, considerado“el hombre más listo del mundo” (Adrian Veidt), y la renuente y atormentada Espectro de Seda (Laurie Juspeczyk). Juntos afrontarán un pasado terrible, bajo la sombra de los Minutemen, y tratarán de superarlo para salvar el futuro… si es que el fin, cada vez más cerca, no llega antes y destruye la Tierra por completo.



13 abr 2023

Libro de "as outras" do club de lectura do alumnado (III trimestre)

Memoria do silencio
Eva Mejuto

Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade. Novela a tres voces que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial.



11 abr 2023

Encontro con Martin Pawley...

O pasado xoves 30 de marzo tivemos unha fantástica charla de Martin Pawley en colaboración con Os Casares sobre a contaminación lumínica e como afecta ao entorno no que vivimos dun xeito máis profundo do que nun principio poderiamos pensar. Mil grazas polo teu saber!


 

21 mar 2023

Feliz Día Mundial da Poesía!


 

16 mar 2023

Lembrando de novo a Rosalía de Castro...

Os pasados días 23 e 24 de febreiro, no tempo de lecer, tivemos cadanseu recital con poemas de Rosalía de Castro, no que alumnado de ESO e Bacharelato, xunto con profesorado do Lama das Quendas, participou nesta actividade que se está a facer imprescindíbel no noso calendario anual.

Grazas a todas as persoas participantes!

A foto, de María de la Paz Carballo (mil grazas companheira!).



14 mar 2023

Andrea Franco no Lama das Quendas.

O pasado venres 3 de marzo tivemos unha fantástica actividade con Andrea Franco en colaboración con Os Casares sobre xeitos experimentais de abordar o mundo audiovisual, e todo elo cunha viaxe a través da historia do cinema. Mil grazas polo teu saber!



8 mar 2023

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India