Reunión do alumnado de 1º de Bacharelato

O día no que nos ibamos xuntar, a rapazada  de 1º de Bacharelato ergueuse á hora de sempre para asistir ás clases do instituto onde era agardada polos diferentes profesores e profesoras das moitas materias que cursaba ese ano.Curiosamente ,tod@s soñaran que non había clases, que aínda non remataran as vacacións de Nadal, e por un instante foron felices nos seus soños, pero ao acordar sentiron que o bo duraba pouco ,que xa era a segunda semana da nova avaliación ,e que, como quedaran, ás mediadoras do club de lectura agardábanos na Aula Multimedia, ás 11:15 dese día 13 de xaneiro. Eso dixeron case tod@s mentres se sentaban arredor da mesa con desgana e moi seri@s.De súpeto escóitase un forte ruído. Son horas de espertar foi o que pensei mentres coa man esquera apagaba o reloxo do martes día do San Antón verdadeiro antes de encamiñarme ao Lama das Quendas para , entre outras ocupacións, charlar co grupo de 1º de Bac sobre Crónica de una muerte Anunciada , de Gabriel García Márquez. ( Adaptación e paráfrase )



Boas Festas!!!


O trofeo Lúa non foi para ninguén


Todo 2º de E.S.O acudiu ao Salón de actos para disputar unha sa competición por ver quen sabía máis de Os Misterio dos Fillos de Lúa.
Repartidos en equipos responderon á  preguntas  como quen eran Branca e o narrador da historia,cal era o nome que ía ter Lúa nun principio ou quen eran , a xuízo de David,as persoas máis listas do mundo.
Algúns  tiñan grande coñecemento da lectura, outr@s confesaron tela comezado pero non  a remataron e argumentaron a súa actuación. 
Hai  gustos para tod@s e neste club respectamos moito as  opinións diferentes.
Queriamos facer unha verdadeira "champions" por equipos, con eliminatorias dende os oitavos de final  con preguntas e máis preguntas pero o tempo botóusenos enriba  e , finalmente , non puidemos nomear campión deste trofeo. 
A verdade é que resultou moi difícil para as dúas mediadoras levar esta reunión polo número de rapazas e rapaces que se xuntaron. Nós tamén aprendemos que co gran grupo non é posible traballar con dilixencia.
Rematamos a xuntanza falando das seguintes lecturas  que serán diferentes en cada curso.Os de A lerán Los armarios Negros de Joan Manuel Gisbert e os de B lerán No te laves las manos Flanagan de Andreu Martín e Jaume Ribera.
Aínda quedaron de ler outro par de títulos dos que falaremos noutra ocasión.
Dado que será a derradeira entrada, por ser a última reunión do ano, queremos desexarvos Boas Lecturas!!

Convenceunos Apocalipse Z

Vaia por diante a nosa felicitación, os parabéns mais cordial a Manel Loureiro porque ás persoas deste grupo de lectura gustounos Apocalipsis Z/ Apocalipse Z.
O libro, para a maioría de nós tiña todo en contra para que chegásemos a gozar con el.Entre outras razóns, porque xa levamos tres anos xuntándonos para comentar lecturas que , previamente, propoñemos  e logo votamos , e nunca leramos nada deste xénero.Parecera que non tiña seguidores entre nós, pero ao remate do curso pasado, un par de compañeir@s amosaron a súa predilección pola ciencia ficción e @s demais deseguida @s animamos  a que propuxeran títulos porque tod@s estabamos dispostos a mergullarnos nese mundo literario que , hoxe en día, ten tantos partidarios,aínda que non estabamos moi convencidos do éxito da lectura proposta.Eramos un chisco escépticos.
Certamente vari@s compañeir@s, e a que escribe igualmente,nunca colleriamos Apocalipse Z se non fose polo gusto de compartir lecturas e opinión dentro de A Quenda do Libro . Así que, curiosidades da  vida, a proposición miña, trala suxestión dun dos meus fillos que se devorou a triloxía nunha semana,a novela de Manel Loureiro foi a máis votada entre os diferentes títulos propostos, e, polo tanto ,a primeira obra en ser lida.
E non nos arrepentimos.Gustou.
Non concordou connosco unha das persoas asistentes a quen, emporiso, lle encantara El Último Pasajero , tamén de Manel Loureiro.
E gustoulle" con matizacións" a outro compañeiro que critica que o autor apelara a moitos tópicos , se estenda demasiado nalgunhas pasaxes polas rúas de Vigo, e...que o protagonista non pasara polo Morrazo ( porque é da zona).
Unha terceira compañeira ,non lograra rematalo para o día da reunión ( xa hai una semana) , pero a parte lida parecéralle monótona e  queixouse de que a edición que ela manexaba , en castelán, estaba chea de erros ortográficos. Aínda así, debo mencionar que , hoxe mesmo, esta amiga me comentou que , rematado a primeiro libro, xa comezou o segundo e que lle está gustando.
E , ao final , as gabanzas, para que quede bo sabor de boca.
Consideramos que a mestura de lugares reais con situacións tan ficticias engaiola  aos lectores. Que os non mortos camiñen pola xeografía galega ponnos diante dunha perspectiva distinta a das películas e lecturas americanas.Na Galiza temos bos sitios para iso. 
A escalada do medo-terror avanza dun xeito tan progresivo que te  somerxe na historia e o teu corazón latexa aceleradamente.
Parabéns ao autor en especial, polas espectaculares páxinas do Meixoeiro que está perfectamente descrito.
En referencia aos tópicos dos que alguén  falou  ao comezo, a maioría dos asistentes defendemos a necesidade de que aparezan.Danlle moita verosimilitude á novela se consideramos a situación. Así , os puntos seguros, a desinformación na que vive a poboación,a infravaloración da epidemia nos comezos... non nos estraña nadiña.Tampouco que nas casas haxa conxeladores grandes cheos de provisións, que estean provistasde  placas solares para defenderse dos problemas de subministro eléctrico, que a poboación resida en vilas ben afastadas unhas das outras, que a abondosa vexetación dificulte o tránsito en lugares  deshabitados...
Como nos vai sorprender se é o pan noso de cada día!!
O final do libro é espectacular!Pero non diremos máis porque hai que lelo! E os seguintes da triloxía tamén! Nesas andamos uns cantos . Outros xa o fixeron.
Pagou a pena lelo!
Quizais fora a porta de entrada ao mundo da Ciencia Ficción para moitos de nós.

O Club itinerante

Se nunha entrada anterior dei conta do que se falou na reunión de pais, nais e amigos de A Quenda do Libro, nesta quero valorar o que se fai nesas   "reunións  paralelas" que sempre teñen lugar.
Explicareime.Na reunión do pasado mécores ,10 de decembro,estivemos nove persoas pero  Arrugas / Engurras de Paco Roca foi lido , polo menos,por outras seis  máis que tamén pertencen ao club de lectura.
Se alguén se pregunta como o sei  entenderano axiña.
Nunha vila onde tod@s nos coñecemos aproveitamos calquera momento para facer o que nos gusta en calquera ocasión e con quen se preste. 
A saber, dúas nais  coas que me atopei nos corredores do instituto días antes da xuntanza,aproveitaron a ocasión para intercambiar  opinións sobre o que leran e  fixemos unha minitertulia.
Na cola da carnicería dun supermercado  estaba outra que desculpándose por non ter ido á reunión fixo os seus comentarios ao respecto do cómic e eu deille conta do que falaramos.
Outras dúas persoas ,que por motivos laborais non acudiron, teñen encargadas a outras nais, moi entusiastas elas, para que tras a reunión as visiten e entón falan do libro e do que conversamos na reunión e aportan as súas propias valoracións.
E, xa por fin, temos un amigo do Club de Lectura que estaba desexando participar  e que polo traballo  foille imposible achegarse,pero mandou vía correo os seus comentarios. 
Seguro que outr@s o leron e agardan o momento para compartir os comentarios.
Logo, son ou non son activos estes membros de A Quenda do libro? Non so lendo senón tamén departindo!
A tod@s eles e elas grazas!! 
Que as lecturas @s acompañen!!

Reunión da rapazada de 2º de E.S.O.

Rapazas e os rapaces de 2º de E.S.O , lembrades que o martes, 16 de decembro, temos a reunión para comentar O misterio dos fillos de Lúa.
Nós mandámosvos a Lúa para que a acariñedes mentres.
Verémonos no Salón de Actos ,porque somos moitos e non cabemos en calquera sitio!
Ata o martes!


Realidade con humor

O cómic foi a canle que escolleu atinadamente Paco Roca para contarnos unha historia  con certa dose de dramatismo pola situación dos personaxes e as enfermidades que sofren.
Así opinamos os pais e nais que nos reunimos na Biblioteca do Lama das Quendas o pasado mércores.
Daquela debatemos sobre a idoneidade das viñetas para emocionarnos coa historia protagonizada polos anciáns dunha residencia na que pasan os derradeiros anos da súa vida.
Tod@s coñecemos ou temos algunha persoa achegada con alzhéimer e , ao ler   Arrugas/ Engurras , ao ver os debuxos das caras de Emilio ou Modesto  , non lles poñemos as dos nosos coñecidos como fariamos  se non houbese ilustración.Os asistentes convimos en que esta narrativa debuxada fainos gozar mellor desta historia de persoas que son coma nós , que en calquera momento podemos vernos afectad@s por este mal, e aproveitamos a ocasión para falar , en xeral, do alzhéimer e dos consellos  que se dan para retrasar a presenza ou  evolución desta enfermidade.
Para nós o libro é un fragmento de  vida.Coma se dunha folla  do medio do libro da   vida de Emilio se tratara. Non sabemos  os  seus principios nin o seu remate , pero  coñecémolo nun momento crucial.
Algunha asistente expresou o seu desagrado  polo feito de que o libro non tivese un final pechado. E , na conversa, inferimos que así cadaquén , no seu maxín , terá un.Mais todos sabemos como adoitan terminar estes casos na realidade . Aínda así,o relato quere ter un aire cómico, non lacrimóxeno nin tráxico.
Parolamos sobre as partes que máis nos gustaron e as que menos ;de como son na realidade os lugares onde viven os anciáns e o que fan neles; e da agradable experiencia de ler banda deseñada.
Houbo oco para referirnos  á pelicula que se fixo deste libro e que  foi visionada porla maioría de nós , e  verbalizamos que se  un é bo a outra  non lle desmerece nadiña e mesmo axuda a entender mellor o que se conta no libro.
Rematamos falando das outras lecturas que tod@s facemos pola nosa conta e propuxemos volver a atoparnos o mércores , 25 de febreiro, ás 17:15 h para comentar La Ladrona de Libros,  de  Markus Zusak .
Tamén quedamos de facer unha lectura extra para comentar na reunión conxunta de adultos e rapazada que realizaremos aló por abril do vindeiro ano.
Ao rematar a xuntanza chega o momento da despedida que resulta entrañable por ver a pais  e nais coas lecturas variadas das que se aprovisionaron antes e despois da reunión para ter reservas durante o tempo de Nadal no que a Biblioteca do I.E.S permanece pechada. 
Que gozada!






 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India