Festa fin de curso do Club de Lectura

      Ola a tod@s!
     Nesta semana a reunión do Club de Lectura  trasladouse do martes ao xoves. Así que hoxe,durante o recreo toda a rapazada integrante  dalgún dos seis grupos de A Quenda do Libro acudiu ao Salón de Actos para facer FEEEESTA!
       Así estaba o Salón ás 11:14 h.
 
 E así , en canto soou o timbre do período de lecer.

 

        E pouco a pouco foron  chegando máis persoas ,desas que son afeccionadas á lectura ,desas que forman parte da pequena maioría  que le porque si, porque lle
peta.
        Comemos algo, botamos unhas risas  e  por fin puidemos estar todos xuntos, os 150 rapaces e rapazas que pasaron polo Club neste curso que está a punto de rematar.
       Quedamos con bo sabor de boca!
      Aburiño







 

FESTA DO CLUB DE LECTURA


VII Xornadas dos Clubs de Lectura

       Ola a tod@s!
     O pasado 6 de xuño celebráronse en Compostela as VII Xornadas dos Clubs de Lectura ás que asistín en calidade de coordinadora de A Quenda do Libro e das que vos quero dar conta porque  creo que é interesante que  tod@s @s integrantes dos diferentes grupos do noso club teñades cumprida información de todo o relacionado cos Clubs de Lectura.
     Trala recollida de documentación e control de sinaturas ( todo moi controladiño porque tivemos que pasar a comprobación da asistencia catro veces no día, sen saír das dependencias da EGAP  porque mesmo xantamos alí),as VII Xornadas comezaron ás 10:00 coa conferencia titulada " Os mediadores e a soidade do lector" impartida por Luis González Martín , Director Xeral Adxunto da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Interesante conferencia dun home que sabe do que fala e que valora moito as conversas sobre os libros lidos e traballa para que os lectores en soporte papel ou soporte dixital  creen os seus propios textos sobre as súas lecturas e os compartan. No trancurso do seu relatorio  pronunciou unha frase que me gustou moito: " A lectura  é un amuleto contra a vida  non interesante". Non digo máis nada.
     Ás 12:00 foron compàñeiras doutros institutos as que contaron a tódol@s asistentes as súas experiencias persoais. Baixo o título xenérico de " Unha visión sobre as lectoras e os lectores dos clubs de lectura e o papel da persoa mediadora" cada una das catro relatoras   achegáronnos os diferentes pareceres sobre o perfil dos lectores e das lectoras ,a súa evolución, as competencias que desenvolven, o seu papel no I.E.S. a prol  da lectura e a visión que se ten da persoa mediadora nestes grupos de lectura.Sempre se aprenden cousas escoitando a quen con tanto amor pola lectura e polos rapaces  nos ofrece  a súa práctica diaria.
    Xa pola tarde, ás 16:00h , asistimos a reunións  estructuradas en eixos temáticos segundo o interese dos asistentes. A min, entre as catro posibilidades ofertadas, cativoume a titulada" Clubs de elctura  e xéneros literarios". Desta volta atinei na elección  porque saín satisfeita do que alí abrollou e  pode que dalgunhas experiencias, tiremos partido o vindeiro curso.
     Se comezamos a mañá coa "soidade do lector", rematamos a xornada co relatorio de Pedro Feijoo titulado" A soas cos lectores,esa pequena maioría".Este autor, do que temos libros na biblioteca, é un crack da palabra. Non tomei nin unha nota durante toda a conferencia. Non porque non dixese nada importante  senón porque é un home tan normal, tan hábil empregando a palabra que te engaiola.Falou moito e dixo ben. 
       Como vós non tivestes o pracer de compartir  a xornada completa con el , porque alí estivo dende ás 9:30h coma nós para recoller documentación e presenciar todas as conferencias ata as 20:00h que rematou todo, anímovos a que o leades. 
      
    

       As VII Xornadas dos Clubs de Lectura podían rematar así, pero aínda quixeron que a música e a palabra xuntasen na actuación de  Paco Nogueiras  que puxo fin a esta reunión de mediadores e mediadoras  que   poñen, que poñemos, o amor polos libros e polos lectores ao servizo dos diferentes compoñentes  dos clubs de lectura.
       Rematada  a experiencia en Compostela, aínda había que chegar á casa , pero a viaxe fíxose curta porque traía , trouxen, unha morea de ideas que outr@s me prestaron ou que  agromaron na miña mente  a raíz destas xornadas.
       Pois, isto foi todo amig@s!
       Aburiño!
     

O Club de Lectura do profesorado e persoal non docente de parola

       Ola a tod@s!
     O pasado xoves, na Aula Multimedia o profesorado e persoal non docente xuntámonos para conversar sobre Brújulas que buscan sonrisas perdidas de Albert Espinosa.
     O libro non foi , en xeral ,  ben considerado polo asistentes  que  manifestaron varias críticas tanto da forma  como do contido: o tema é moi manido, encerra nas súas páxinas unha chea de tópicos,está escrito dun xeito excesivamente livián e os saltos no tempo ,que podían ser un excelente recurso , rematan sendo unha caricatura desta técnica narrativa. 
     Nós fomos deses que non escollerían este libro para volver ler, por exemplo, pero sabemos que hai persoas que falan ben del , e como xa se sabe que sobre gustos non hai nada escrito, non dicimos nada máis da lectura e se alguén quere que o lea e logo , opinará segundo as súas propias sensacións.
      Rematada a parola sobre a lectura de Espinosa xa nos adicamos a plantexar a actividade do club para o vindeiro curso.Xurdiron ideas e falamos sobre o interesante que podería resultar iniciarse (falo por algúns e algunhas) noutros subxéneros narrativos aos que estamos menos afeitos
     En fin , que o vindeiro curso  vos contaremos porque  amenazamos con seguir. É que nos quedou bo sabor de boca. 
Algúns dos asistentes charlando animadamente
       Boas lecturas no verán!
       Aburiño!

     

Tempo de poesía ( daquela maneira)

Ola a tod@s!
       Hoxe foi a derradeira xuntanza co alumnado do segundo ciclo da E.S.O. que pertence ao clube. Bueno, a derradeira non ,porque nos queda a festa final da que xa falaremos máis adiante.
       Como facemos cada ano, adicamos o último trimestre a xogar coa poesía así que, ademáis de ver o vídeo da viaxe a Coruña e comentar as visitas realizadas, aínda tivemos tempo de traballar con poemas.
       Nesta galiza trilingüe versionamos o poema de Celso Emilio Ferreiro titulado "Irmáus".
       Para comparar este poema en  galecastenglish podedes buscar o orixinal  nos libros de Celso Emilio Ferreiro ou en internet.
Irmáus/ Brothers/ Hermanos
Walking ao meu rente many hombres.
I don´t coñezo. Sonme extraños.
Pero you, que te alcontras alá away,
máis alá dos desiertos e dos lakes,
out of das sabanas e das islas,
Coma un irmáu  I speak to you.
Si es tuya a miña night,
si my eyes  cry o teu llanto,
si los nuestros cries  son the same,
coma un brother te hablo.
Aunque nuestras words sexan distintas,
e  tú  black y yo branco,
si we have parecidas  as feridas,
como un hermano che falo.
Over de tódalas fronteiras,
over de muros e valados,
Se our dreams  son iguales,
As a  hermano I speak to you.
Común temos  o country
Común la lucha both
My hand  te doy,
Como un  irmáu te hablo.
                                            Versión do poema Irmáus 

       E isto foi todo amig@s!
       Estade atentos para asistir á festa  final de tempada do clube.
       Aburiño!!

Vídeo da viaxe de A Quenda do Libro


         Ola!       
       Hoxe traio o vídeo -resumo do que fixemos o pasado martes,27 de maio, pola Coruña e Betanzos os de A Quenda do Libro.
                                                                  

       Grazas a Alfonso que correu coa gravación e edición do mesmo!
     Pasámolo ben , eh?
     Aburiño!

Reunión do alumnado de 3º de E.S.O., P.C.P.I., 4º de E.S.O. e P.D.C.

       Ola amig@s!
       Lembrade que o vindeiro martes,3 de xuño,  ás 11:15, teremos a reunión  na Aula Multimedia.
         Vémonos!

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India