Feira Solidaria no Lama das Quendas


       Ola amigos, amigas,pais ,nais!
      Teño un encargo para vós tod@s pero sobre todo para eses pais e nais que están pendentes deste blog e  que nos seguides. Precisamos que corrades a voz, que funcione o boca-orella e que a feira sexa todo un éxito porque a ocasión ben o merece.Ademáis tamén hai libros polo medio.
       O cartel xa volo di todo:
 

      Velaí unha fotofrafía do mercado do curso anterior.


         A vosa colaboración  é moi valiosa. Achegádevos nos recreos , a partir do mércores,  ao instituto e axudádenos porque tod@s somos "salvadores" do  Lama das Quendas.

           Grazas solidarias! 
        


Reunión de 1º A e 1º B de E.S.O.



       Ola!
       Deixo aviso.
        Vémonos!!

A Revolta na Granxa cos pais e nais

       O grupo de pais e nais do Club de lectura quedaramos para onte, 11 de decembro na Biblioteca do I.E.S. para comentar Rebelión en la granja/A revolta dos animais.E ,salvada a primeira confusión coa hora acordada, entramos con ansia de falar  desta obra que, case 70 anos despois da súa publicación, parecera un retrato da  sociedade na que nos toca vivir.

       A tod@s nos gustou esta lectura.Aos catorce pais e nais presentes  e a outras catro nais que me consta que leron o libro e se desculparon por non poder asistir.( A vida de pais e nais e moi dura e moi imprevisible,estamos de garda as 24 horas do día e nalgún nós saen as cousas como quixeramos).

     Axiña comezamos o faladoiro.
       
      En principio que sexan porcos e cans os que mandan non nos pareceu nada raro. (É literal, pero admítense interpretacións ao gusto). Que as ovellas sexan uns borregos...pois tampouco.Que cada animal represente unha actitude e uns valores de sobra utilizados na sabedoría popular, coma nos refráns,  gustounos.

      E agora ...ataquemos ao poder.Napoleón era un porco mandón que se "colocou" moi ben na nova aventura de autogobernar a Granxa Manor, perdón, a Granxa Animal. E rodeouse doutros cochiños que lle facían o traballo sucio ou o traballo de "pensar".E iso que comía máis que os outros porque facía un traballo "cerebral"!
        Napoleón "botou aos lobos" a Snowball porque lle facía sombra; utilizaba a Squealer para convencer aos seus gobernados  e "facerlles ver o negro branco"; rouba as ideas de outros e despois preséntaas como propias;nomea un comité de porcos que tomarán todas as decisións baixo a súa batuta e sen participación dos demais ;emprega sempre a teoría da conspiración; ordena esnaquizar aos que desobedezan;reduce as racións de comida pero so son "reaxustes";envía  ao traballador incansable , aquel que sempre creu nel, ao matadoiro sen compaixón... E mentres o vello burro , coma se dun avó sabio se tratará ,le con claridade o escrito e a situación xerada.

       De verdade que estou a falar da lectura que fixemos.
       Entre os animáis que mais gustaron  Clover, aquel cabalo que soñaba con un mundo de iguais onde cadaquén traballase segundo a súa capacidade  e Benjamín, o burro que ,por vivir tantos anos, agarda que,coma sempre, o tempo poña a cadaquén no seu lugar.

     A reunión animouse bastante , incluso faciamos comentarios en grupiños, inequívoco sinal de que todos tiñamos algo que dicir.

        Os e as da fotografía quedamos de ler Cometas en el cielo de  Khaled Hosseini. E tod@s os que queirades lelo poderédesnos  acompañar cando o comentemos.

           Pasamos unha boa hora. Grazas por vir , por ler, por compartir...
       Aburiño!

Os de 2º B creamos novas historias

       Ola a tod@s!
     Onte  reunímonos co alumnado de 2º B que pertence ao club.En total vinte e catro alumno@s que se xuntaron na súa propia aula ( deixámoslle a Multimedia para un profesor que a precisaba para actualizar ordenadores).
    Primeiro deron o seu parecer sobre o cómic A mansión dos Pampín: gustoulles .Esa foi a valoración xeral.Logo viñeron as matizacións: eran un pouco pampos, un chisco interesados, pouco claros...
     Máis tarde opinaron sobre era bo ou non o crecemento da vila segundo se reflectía na obra de Miguelanxo Prado.A meirande parte concordaban en que se debía respectar o entorno e construír acorde co medio mais aínda había quen discrepaba.
     Finalmente en grupos ,como veredes nas fotografías, iniciaron a actividade de recrear, ao seu xeito, unha nova historia para esta familia do cómic. Tod@s tiñan as mesmas viñetas pero cada grupo as ordenaba como lle petaba  e co texto que quería.

      Algúns remataron no recreo( os máis rápidos) , outros remataron na hora seguinte (o noso  agradecemento ao profesor ) e os demais acabarán na semana.

    Velaí tedes aos traballadores en plano xeral e despois cada grupo.


.










      E un pequeno anticipo da tarefa....






      Aburiño!

Reunión de pais e nais de A Quenda do Libro



      Estimados pais e nais,o vindeiro mércores, ás 17:30 horas xuntaremonos na biblioteca do I.E.S. para falar de George Orwell e, sobre todo,  dos seus personaxes de Rebelión en la granja/A revolta dos animais.

     Xa vemos que  Napoleón non está preocupado pero eu  non estaría tan tranquila .Creo que Benjamín  non é nada burro.

    Agardo con impaciencia as vosas opinións. 
    Ata o mércores!  

Reunión do alumnado de 2º B de E.S.O.


Os Pampín de 2º A

       Ola!!
      Hoxe , na Aula Multimedia xuntámonos cos vinte e tres alumnos de 2º A que pertencen ao club de lectura.Falamos sobre A Mansión dos Pampín.
       Non están afeitos a ler cómic, é un formato novedoso para eles pero gustoulles.
       A historia pareceulles fantástica.Comentan que o que ocorre neste libro  é o exemplo que non debemos seguir.Cren que non todo vale á hora de contruir, que @s polític@s ,sobre todo,deberían  de verdade defender o "noso" para poder medrar e mellorar.Non lles gustou o interese  material que flúe pola obra  adiante.
       En canto aos personaxes , criticaron moito á Concha e ao seu fillo especialmente.

       E despois dos comentarios, decidimos facer falar aos personaxes de Miguelanxo Prado  coas voces de 2º A .Por iso mirade o que dicía a familia Pampín:


          E a rapazada púxose a traballar. Mirádeos que atarefados:






       O tempo foi cativo para rematar a actividade, así que, cada grupo comprometeuse a  seguir reuníndose para darlle fin  e daquela mostraremos o que fixeron.
        Vémonos axiña.
        Aburiño!!
 

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India