21 mar 2022

Día Mundial da Poesía, 21 de marzo...


 Coñecemento do Medo, Branca Trigo (Malafera, 2021)

8 mar 2022

8M, Día Internacional da Muller 2022

O Día Internacional da Muller 2022 reivindica os dereitos das mulleres baixo o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible", reclamando unha acción polo clima por e para as mulleres. A información máis recente da que dispoñemos permitiunos entender que existe un vínculo fundamental entre xénero, equidade social e cambio climático e recoñecer que, sen igualdade de xénero hoxe, o futuro sostible e equitativo seguirá estando fóra do noso alcance.
No Lama das Quendas estivemos estas pasadas semanas, en colaboración co Departamento de Música e o Club de Lectura "A Quenda do Libro", visualizando e debatendo nas aulas de 4º da ESO o filme "The Punk Singer", un documental centrado na figura de Kathleen Hanna, unha das iconas do movemento feminista punk 'Riot grrrl'.



3 mar 2022

Entrega de premios!!!

O pasado venres 25 de febreiro (venres de Entroido!) tivo lugar no tempo de lecer a entrega de premios do "Concurso de cartas de amor e poesía (San Valentín 2022)" na Biblioteca.

No acto, o Vicedirector Roberto Rodríguez Pérez fixo entrega dos mesmos a Vanessa González Jorge (1º premio), Paula Martínez Reguera (2º premio) e Carla Eiriz Mosteiro e Azad Manuel Mirabedini Álvarez (accésits). Parabéns!!!

E mil grazas a todas as demais persoas participantes!

Organizaron Biblioquendas e Dinamización Lingüística.
Colaboraron Edicións Fervenza, Urco Editora e a Cafetaría do centro.



25 feb 2022

FELIZ ENTROIDO!



Domingo Corredoiro en Santiago da Riba.

Foto sacada da páxina da Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao, feita por Isabel Iglesias Fernández.

21 feb 2022

Resolución do concurso de cartas de amor e poesía (San Valentín 2022)


 

18 feb 2022

Libro de narrativa do club de lectura das nais, pais e amigas (II trimestre)

Esto no es el CSI
Begoña Gil González

Durante la noche de carnaval, aparece, tirado en una cuneta, el cadáver de Pablo, hombre joven y encantador, de un pueblo de Galicia llamado Luanova. Una teniente de la Guardia Civil, Lila Gil, con dos originales ayudantes, Zahe y Gala, y la ayuda inestimable de los perros de ésta, se ocupará de la investigación. Poco a poco irá desentrañando los secretos y mentiras que rodean la vida del muerto.



9 feb 2022

Libro de poesía do club de lectura das nais, pais e amigas (II trimestre)

Dente de leite
Arancha Nogueira

dente de leite é ante todo un libro nostálxico, sobre a inocencia perdida, que parte do recordo dun verán na infancia, un poemario agridoce pero cálido que abeira a infancia e idade adulta dunha xeración que ansía o regreso da protección constante, da emoción da descuberta.



 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India