21 dic 2021

O noso club no EDUGA...

No novo número de EDUGA sae un artigo sobre o noso club de lectura... Moitas grazas polo convite!

20 dic 2021

Por un 2022 cheo de lecturas...


 

1 dic 2021

Un Nadal de Biblioquendas...


 

26 nov 2021

25N, o día despois...

Recitado de haikus do "Libro do mal amor" (Xunta, 2015) de alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato, nunha actividade conxunta entre a Biblioteca, o Club de Lectura "A Quenda do Libro" e o Departamento de Música do IES Lama das Quendas de Chantada.

Voces de Irene Vázquez Vázquez, Hugo García Regal, Teresa López Moure, Helena García Ledo, Martín Gómez Vázquez e Alda López Moure, con música composta por Ainhoa Crespo Porto.

22 nov 2021

Darío Xohán Cabana, 1952-2021. Que a terra che sexa leve...

Venceredes vós.
temos da nosa parte
os carballos de abril,
as espadanas, a ouricela,
o pan de sapo, as beloritas,
a ra de Santo Antón, o vagalume,
a troita, a vacaloura,
o xabaril e o corzo,
o mascato e a rula.
Pero nosoutros

Venceredes vós,
pero nosoutros
temos da nosa parte
o Cadramón, o Piapaxaro,
o cabo Home, a illa
de San Simón, o lusco, o fusco,
o Castromao, o Xallas, as lagoas
innumerables de Valverde,
ou de Antioquía, o labirinto
de Mogor, as encuastras
de Novelúa, o edículo
de San Miguel de Celanova,
o dolmen de Dombate.

Venceredes vós,
romperedes a infinda
cadea que nos une
coas trabes do mundo,
pero nosoutros
mergullamos a boca
nos mil ríos de sangue
que estercaron a patria,
e no noso partido
militan todos os defuntos
que nos poñen aínda
a bosta nas zocas,
o cheiro a argazo nos fuciños,
o trono da forxa nas orellas,
a terra que xa son nas unllas.
E as feridas de ferro
ou negro chumbo e pólvora
nos corazóns atribulados.



18 nov 2021

Día Mundial da Filosofía, 18 de novembro.








 

10 nov 2021

Club da BD e manga (I trimestre)

Bakuman
Tsugumi Ohba y Takeshi Obata

Muchos son los que sueñan con convertirse en dibujantes de manga, pero no solo se consigue a base de ilusión: se necesita perseverancia, trabajo duro… y una pizca de suerte. Moritaka y Takagi han decidido ir a por todas, y apostarlo todo para conseguir publicar en… ¡la Shonen Jump, la revista de manga más famosa del mundo!



 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India