26 feb 2018

Recital de lírica medieval...


22 feb 2018

Facendo cousas diferentes co grupo de 4º de E.S.O. en "A quenda do libro"...
"No medio do camiño da miña vida
atopeime nun bosque escuro,
onde se perde o camiño recto…”
"O Inferno" de "A divina comedia", Dante.


21 feb 2018

Bailade mia senhor!

"Começou nestes dias
nos que a Luz vai medrando
a nossa homenagem
a um rei dantano, um rei sábio"

"Bailade mia senhor",
Semanas da Lírica Galego-Portuguesa no Lama das Quendas.


8 feb 2018

E Manuel Rivas estivo no Lama das Quendas...


Entrevista concedida a TeleVinte Chantada.

1 feb 2018

Alaia e a deusa


Hoxe tocoulle a quenda ao alumnado do club de 2º de E.S.O., que anda a ler “Alaia e a deusa” de Tomás González Ahola. Aínda están nos seus primeiros capítulos, mais a ambientación da historia levounos a falar do período prerromano da Galiza no que cecais situou a historia da pequena Alaia…

Xurdiu así un pequeno xogo, que consistiu en, partindo dos pobos castrexos do sur da provincia de Lugo “lemavi”, “cileni”, “seurri”, “bubali” e “baedyi”, situalos nun mapa actual tendo en conta a toponimia existente… Logo dun trebón de ideas, disparates, risas e algún que outro razoamento lóxico, chegamos á solución. E de onde a sacamos? Deste interesante artigo no blogue “A Eirexe”:


E os nerios, tribo á que pertence a nosa Alaia de onde serán? E existiría a cidade de Thaladé? Uhm, seguiremos investigando, e seguiremos informando…



25 ene 2018

Trebellando con "Binomios fantásticos..."

Lendo e comentando “Binomios fantásticos” de Miguel Robledo, libro ilustrado editado polo Sindicato del Cómic de Ourense, déusenos por xogar coas palabras e, trebellando e trebellando, fixemos o seguinte: nun saquiño puxemos nomes de cousas, e noutro adxectivos. Logo unímolos ao chou e saíronnos binomios máis ou menos fantásticos, dos cales fixemos micro-historias. Mais non nos quedamos aí, non! Nunha segunda sesión, engadimos unha personaxe que, tamén ao azar, correspondeulle cadanseu obxecto… Foron nados así os nosos…

BINOMIOS EXTRAÑOS!!!

Permanecede atentxs ás historias de…

O GRANXEIRO ANANO e o MILLO CORREDOR.
O INMIGRANTE MÁXICO e o PENDENTE GUAPO.
O GAITEIRO e o seu ORDENADOR EXTRAÑO.
BATMAN, o seu amigo FRAN e a FRAUTA ANTIGA.
O CAZADOR de MESAS BONITAS.
O MÚSICO e o BOLÍGRAFO DE ALUMINIO.
O ZAPATEIRO e a IGREXA FEA.
A TIA RITA e a ÁRBORE GRANDE.
O SEMENTADOR DEMENTE e a súa SEMENTE LERENTE.

A TÍA FILIBERTA “A GUERRILLEIRA” e a VACA GRANDE.


19 ene 2018

Binomios fantásticos...

A luva foi lanzada... propuxémoslle ao alumnado do club de lectura de 1º de E.S.O. que escribiran sustantivos nun papel, e adxectivos noutro... remexémolos ben e xuntamos un de cada para facer un binomio... serán tamén tan fantásticos como os do libro de Miguel Robledo?


 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India