1 nov 2015

Reencontro de amig@s lector@s

A reunión do pasado mércores na Biblioteca no IES Lama das Quendas resultou tan agradable e productiva coma sempre.
Tod@s fixeron varias lecturas no verán, están a ler agora mesmo e aínda están dispost@s a meterse na vida de  Felícito e Ismael, os dous protagonistas de El Héree Discreto, novela do Premio Nobel de Literatura Mario Vargas Llosa.
Sempre chegan interesados no que lles imos propoñer e aceptan encantad@s  as suxestións desta mediadora.
Conversamos sobre literatura e  actualidade , marcamos a data e hora da vindeira reunión  e procedemos ao préstamo dos libros que cada asistente quixo levar. Algún a pares!! Que len moito!
E dende aquí, agradecer a asistencia desas nais cos fillos pequenos aos que lles damos entretemento mentres nós falamos.E  o labor silente e constante desas persoas que conseguen traer amig@s ao faladoiro tras escoitalas comentar o que facemos. E aqueloutras que informan @s veciños e compañeiros do que lemos e mesmo do que falamos en cada reunión porque , se ben  están moi interesados na actividade, o traballo lles impide asistir ás xuntanzas.Isto fai bo aquilo de que " quen quere pode". Buscan a maneira de poder.
 Grazas!!! Convosco isto é sempre tan doado!!!

29 oct 2015

Recordamos que esquecemos

É difícil esquecer? É doado? A rapazada de 3º B de E.S.O e 3º P.M.A.R.  cre que as cousas  banales poden ser  esquecidas con facilidade.Pola contra , ás veces queres  eliminar  algo da túa memoria e esta insiste en que permaneza.
Eliminar algo da memoria é bo ou malo? Tamén depende. Segundo o alumnado, se un se esquece de algo pouco importante  non hai problema, o peor  é  cando o esquecido carrexa  consecuencias  negativas. Como exemplo , e neste punto o alumnado amosou un grande dominio da ironía, falaron do problemático que resulta esquecerse de facer os deberes fronte ao nimio que consideran esquecerse dalgunha outra cousa.
Comentamos anécdotas que viviran relacionadas co esquecemento e acabamos falando do libro que imos ler neste trimestre Engurras de Paco Roca.Cando se enteraron de que os personaxes  do cómic padecen alzhéimer , unha enfermidade que implica , entre outros síntomas, a perda da memoria  entenderon que toda a conversa anterior fora un xogo comparado coas manifestacións deste mal que está ao noso arredor.
Finalizamos a sesión traballando cunhas viñetas. En parella crearon o texto para compoñer unha historieta e para írmonos introducindo no mundo do cómic.

25 oct 2015

Reunión do alumnado de 3º de E.S.O

    
Algunha vez esqueceches  algo importante?
És das persoas que non lembran o que tiñan que facer?
Desarcordaste do que queres con facilidade ou por máis que o intentes non logras quitalo da cabeza? 
Que será mellor esquecer facilmente ou ter unha grande memoria para lembrar sempre todo?
O vindeiro martes  , 27 de outubro, podemos achegar argumentos a favor e en contra de lembrar ou esquecer. Trae as túas razóns  á reunión do Club de Lectura do alumnado de 3º de ESO.
Por favor, non vos esquezades!!!
 


23 oct 2015

Feliz Día das Bibliotecas

O 25 de outubro é o Día das Bibliotecas e dende  o Club A Quenda do Libro ,que está integrado na Biblioteca do IES Lama das Quendas, ímolo festexar durante unha semana.
Do 26 ao 29 de outubro, nos corredores do instituto poderedes cambiar e /ou mercar libros que outras persoas estiveron traendo estes días.
Durante o recreo poderedes achegarvos e localizar eses exemplares que vas ter que ler ou que queres ler  e levalos para a casa.
O noso alumnado e profesorado coñece a convocatoria pero se ti aínda non a coñeces podes consultala  na páxina da nosa Biblioteca.
Aínda estás a tempo de traer eses libros que queres poñer a disposición doutros compañeiros.
É como cambiar cromos !
Ao longo da semana iremos contando en facebook e twitter  como se vai desenvolvendo a actividade.
Anímate e participa con libros!!

22 oct 2015

Pensar, sentir ,crear , gozar...

 "Una mañana de octubre, Peter Pan se adentró en el bosque de los cuentos,donde se encontraban algunos personajes  de las narraciones populares y  de los dibujos animados de la televisión.
Allí  se tropezó con su viejo amigo el Gato con Botas con quien conversó un rato. Tenía la intención de irse a recoger castañas pero no lo hizo porque  apareció el Pato Lucas y se quedaron de conversación todo el día."
Este é un dos breves relatos que un dos rapaces de 2º B de E.S.O. creou a partir dunha imaxe que Miguelanxo Prado  debuxou para Pedro e o Lobo. Houbo moitas narracións que nos levaron por diferentes camiños. Tentaremos poñelas na pestana de Ler e escribir, no apartado de Creacións.
Tod@s ignoraban que aquel neno era Pedro e que o parrulo e o gato que o acompañaban eran outros personaxes dun conto musical   do ruso  Prokofiev  reescrito por  Miguel Anxo Murado  e   debuxado por Miguelanxo Prado.


Gozaremos coas imaxes  do noso galardoado co Premio Nacional do Cómic no 2013 mentres os sons  da corda , frauta, oboe, fagote, clarinete, trompas e  timbais enchen os nosos oído nunha perfecta simbiose.
Isto de hoxe , so era para abrir boca!!
 

21 oct 2015

Conto ruso?

                                 
Proxectamos unha imaxe de Pedro e o Lobo ,tomada ao azar, da edición ilustrada por Miguelanxo Prado.No deseño aparecen Pedro,o pato e o paxaro  que senten un rumor que se lles vai acercando no bosque.As nosas alumnas debían adiviñar o que estaba acontecendo sen coñecer de onde procedía a ilustración.
Algunhas das posibilidades que suxeriron son: "aproxímase un leñador","quen se acerca é unha árbore que pode andar coas súas raíces", "están descubrindo un misterio e non se dan conta de que se está achegando un lobo",outra das rapazas cre que se trata dunha tormenta e explícase  así: "Pedro salió a dar un paseo por el bosque.Se encontró con dos pájaros que se estaban peleando y él se quedó mirándolos.Cuando se dio cuenta, había una gran tormenta y los tres personajes echaron a correr , cada uno a sus respectivas casas".
Finalmente desvelamos o misterio, o libro que imos ler é Pedro e o Lobo.
Coma os galegos temos moitas historias  de lobos, chegaron a confundilo co noso conto popular "O pastor mentiroso". Entón explicámoslles que se trata dunha historia rusa , creada para espertar nos nenos o gusto pola música. Así , o compositor identificou a presenza dos animais e sons do conto con instrumentos musicais.
Estache ben o conto!

18 oct 2015

Reunión do alumnado de 2º de E.S.O

"Pedro quedou lixeiramente preocupado cando  soubo da reunión do alumnado de 2º de E.S.O.Ben se lle nota na cara!
Coñeceu que as mediadoras citaban @s rapaces e rapazas  para o martes, 20 de outubro, ás 11:15 h nas Aulas Multimedia e  de 1º ESO e non podía tranquilizarse porque sabía que eran moit@s e tod@s ían falar del.
Mais despois do primeiro desacougo pensou que ,probablemente, todas as persoas serían agradables , curiosas, simpáticas...e deixou de porse inquieto.
Ao fin, a ansia polo encontro comezou a apoderarse do neno que xa arelaba a chegada da data da  xuntanza do Club de Lectura. Imaxinaba que sería ben agradable."
E vós, os de 2º que pensades de Pedro e das súas teimas? 
Falarémolo o vindeiro martes!

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India