31 oct 2012

Reunión rapazada de 1º B
O martes,30 de outubro houbo xuntanza dos rapaces e rapazas de 1º B.Foi unha gozada compartir o recreo con 21 dos rapaces dese curso.
Primeiro lembramos que o libro que imos ler é Palabras de Caramelo de Gonzalo Moure.Trátase dun libro que nace da experiencia persoal do autor, da súa admiración polo pobo saharaui que leva trinta e sete  anos "vivindo no peor deserto do mundo para tratar de gañar o dereito a ter  unha patria». Defende o poder da palabra, o respecto pola diferencia e o amor aos animais.

Logo poidemos ver un vídeo da Editorial Pintar-Pintar  feito por Ester Sánchez no que se nos explica, de modo sinxelo ,que o  libro é o resultado dun laborioso proceso no que colaboran moitas persoas que realizan diferentes traballos  necesarios para que o libro poida chegar ás nosas mans.
Os rapaces pasárono ben e por se a alguén lle interesa colgamos aquí o vídeo.


Sinto que non todos sairan nesta  imaxe pero estar estaban.


Seguímonos vendo no club e facendo comentarios ... mesmo polos corredores.
Aburiño

29 oct 2012

Aviso para 1º B de ESO

24 oct 2012

Primeira Quenda!


Onte , 23 de outubro, reunímonos os da  primeira Quenda: a rapazada de 1º A de ESO.Non estivemos todo os anotados porque había outras actividades coma partido de fútbol e algún que outro "traballiño de última hora" por facer pero, como vedes ,aínda fomos.

Decidiuse o libro  do trimestre e como non hai exemplares suficientes  na Biblioteca do IES, pois comezamos  por organizar a lectura segundo os fondos dos que dipoñemos.
Os de 1º A van ler La cazadora de Indiana Jones. de Asun Balzola, un libriño ben saboroso no que se barallan  valores como a amistade, a simpatía, a confianza ou  a sinceridade.
Temos por diante días  de convivencia e lecturas.
Vémonos , e lémonos, na vindeira cita de A Quenda do Libro que será o martes 30 de outubro co alumnado de 1º B de ESO.
Aburiño!

16 oct 2012

Principia de novo A Quenda do Libro.
Benvidos a un novo curso do Club de Lectura.
Hoxe  martes, 16  de outubro, tivemos a primeira xuntanza do alumnado colaborador de A Quenda do Libro.Foi todo un éxito como podedes ver ! Arredor de 90 alumnos/as  que queredes ler,comentar e gozar cos libros! Que ledicia!!


Rapazas e rapaces ímolo pasar moi ben neste espazo  no que compartimos o gusto por gozar dunha boa lectura  e o pracer de comentala cos demais.
Boas lecturas!!!
Adiante  A Quenda do Libro 2012-13!!!

22 jun 2012

Todo o bon se acaba...

Alá vai a despedida, rapazada! Vémonos en setembro!
Aquí tedes algunhas imaxes desta semana hiperactiva:
Recital de poemas en francés e portugués
Convite de cereixas


Excursión-convivencia en Mondoñedo

15 jun 2012

Imos chegando...

Preparádevos, que a próxima xemana ven teixa!
O luns celébrase un recital poético en francés e portugués, no recreo, no salón de actos.
O mércores, se non hai nada de novo, terá lugar o convite de cereixas do club de lectura para toda a comunidade educativa, tamén no recreo.
E o xoves, por fin iremos de excursión -en horario escolar- a Mondoñedo, onde haberá unha pequena convivencia co alumnado do Club de Lectura Guntín.
Espero que tomásedes nota de todo isto!

11 jun 2012

Novas

Hoxe hai unha reunión informativa no recreo, no sitio de sempre, relativa á saída que imos realizar a última semana do curso e o calendario das actividades finais: recital poético en portugués e francés e convite.
Non esperedes a que volo conten outros!

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India