27 abr 2012

Seguen os libros a esgalla

O Mercado de Libros de segunda man aínda estará activo o luns, para que botedes unha última ollada os exemplares que fican sen lector/a e para que os despistados e despistadas que aínda teñen algún dos vales recollan un libro ou llo regalen a alguén.
O mércores, día 2, a sección de adultos comenta Los renglones torcidos de Dios, que xa vai sendo hora de endereitalos.

25 abr 2012

Libros a esgalla

Recordade que o Mercado de Libros segue activo ata o venres 27, e que aínda podedes traer exemplares para intercambiar ou mercar algún que vos interese.

Raquel Ledo Doval (4º ESO A) resultou gañadora do Concurso de logo, que xa podedes ver na marxe lateral. Mayte Arias Novoa, Mª Ángeles Domínguez e Borja Eiriz García (de 3º B) son os autores do lema, que lle da título a este blogue dende fai algún tempo ("A quenda do libro"). Noraboa a todos. A entrega de premios terá lugar en maio, previsiblemente en datas próximas á celebración do Día das Letras Galegas.

16 abr 2012

Xa podedes recoller os exemplares de Usha no recreo.

O día 30 de marzo, veu Afonso Eyré, que foi alumno deste centro educativo, presentar o seu último libro, O penalti de Fuco, e falarnos de fútbol, como testemuñan estas imaxes:

13 abr 2012

Aviso urxente: mercado de libros

A semana que se celebra o día do libro (23 de abril) imos ter un mercado de libros de segunda man no centro. Podedes achegar todos aqueles exemplares que queirades, en bo estado, en calquera lingua, para poñer á venda.
Non esquezades botarlle un ollo ós fondos que tedes na casa!
Lembrada tamén que este luns repártense os exemplares de Usha.

19 mar 2012

E a próxima semana, máis...

Entre as distintas actividades de animación á lectura que desenvolvemos este curso, están os bancos de libros, pequenas bibliotecas de aula cos exemplares que o alumnado decidiu deixar na súa clase á disposición dos demais, que poden lelos aproveitando a Hora de Ler. Aquí podedes ver, os de 4º de ESO B, 3º de ESO A e 3º de ESO B:



7 mar 2012

Os que máis len recomendan...

María, de 1º ESO B recomenda La última jungla (Mar Cole)
 "Me gustó mucho porque es muy divertido, aunque no empieza muy bien. Hay una historia de amor, los protagonistas son de nuestra edad y les ocurren muchas aventuras, aunque a Madison no le gustan."
Lidia, de 1º ESO A recomenda Las dragonas no muerden (Dagmar Mueller) porque "é divertido, fácil de ler e de entender. O protagonista, Daniel, e os seus amigos levan unha sorpresa coa broma que lles gastan Amelia, a súa veciña, e as súas amigas."




A Lucía, de 1º ESO gustoulle Palabras de caramelo (Gonzalo Moure) porque "é unha historia moi bonita, pero moi triste, conta a amizade entre un neno con moitos problemas e a súa mascota (un camello). É un libro fácil de ler."

5 mar 2012

Nas xuntanzas da semana pasada comentáronse as lecturas O asasinato da profesora de lengua (os rapaces e rapazas) e as tres obras propostas de Agustín Fernández Paz (o profesorado).
Ademais, establecéronse os seguintes libros para ler: Los renglones torcidos de Dios, de Torcuato Luca de Tena, para os maiores, e Usha, para o alumnado. Hai algúns exemplares destas dúas obras no centro, e proximamente chegarán máis.

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India