Xa chegaron os exemplares de El asesinato de la profesora de lengua, pasade a recollelos na biblioteca ou nas xuntanzas do Club de Lectura.
30 ene 2012
13 ene 2012
Outro ano de lecturas
Xa estamos de novo en activo; o vindeiro luns comentaremos El asesinato del profesor de matemáticas, de Jordi Sierra i Fabra.
A seguinte obra de lectura vai ser El asesinato de la profesora de lengua, do mesmo autor, para que os profes de letras non se sintan discriminados.
A seguinte obra de lectura vai ser El asesinato de la profesora de lengua, do mesmo autor, para que os profes de letras non se sintan discriminados.
22 dic 2011
Ata o 2012!
Ben, amiguiños e amiguiñas, despois das xuntanzas para comentar Cuento de Navidad (luns 19, rapazada e mércores 21, profesorado) comenzamos as vacacións de Nadal, que ben aproveitadas dan para descansar, estar coa familia e cos amigos, xogar e troulear, e, por suposto, seguir lendo á vontade. En concreto, neste club de lectura quedan abertas as páxinas de El asesinato del profesor de matemáticas, de Jordi Sierra i Fabra (para a ESO) e O único que queda é o amor ou Non hai noite tan longa, a elixir (calquera dos dous de Agustín Fernández Paz), para os maiores. Ademais, hai unhas propostas marabillosas no blogue da bilioteca (Biblioquendas): non deixedes de botarlles unha ollada.
![]() |
| Xuntanza de adultos (Cuento de Navidad) |
![]() |
| Xuntanza en inglés (A Chrismas Carol) |
Á volta desta paréntese festiva, aproveitaremos para colocar o noso taboleiro de anuncios, recén chegado ás instalacións do instituto, ver e colgar algunha das fotos que nos fixeron nas últimas actividades, elixir o título gañador entre os propostos para nomear este Club de Lectura e falar, cómo non, de libros e lecturas petiscando algunha cousa, para favorecer a memoria e a imaxinación.
Por certo, non esquezades que xa logo remata o prazo para presentar un logo!
Boas festas!
16 dic 2011
Xa vén o Nadal!
28 nov 2011
Contos por palabras
Hoxe no recreo comentarmos Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz, que tivo moi boa acollida entre os nosos lectores. Dende aquí animámosvos a botalle unha ollada a Amor dos quince anos, Marilyn, outra obra deste autor chairego na que emprega a mesma estrutura de glosa dun anuncio por palabras.

21 nov 2011
De profundis
Hoxe comentamos a primeira lectura: De profundis.
Non vos esquezades de vir no recreo á aula multimedia e de facer despois os vosos comentarios. Tamén podedes ir pensando na próxima lectura!
Por certo, as lecturas seleccionadas polos adultos son: Cuento de Navidad, de Charles Dickens; Non hai noite tan longa, de A. Fernández Paz e Los renglones torcidos de Dios, de T. Luca de Tena.
2 nov 2011
Isto marcha!
- Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz para o primeiro ciclo da ESO
- El asesinato del profesor de matemáticas, de Jordi Sierra i Fabra para 3º e 4º de ESO
- De profundis, de Miguelanxo Prado, para Bacharelato
Como podedes ver, só nos queda por determinar a lectura para o grupo de adultos, aínda que xa hai varias propostas.


11:25
A quenda do libro









