14 jun 2023

Malas novas no Lamañazo: TÍAM GZ caen do cartaz...

Malas novas no Lamañazo: TÍAM GZ caen do cartaz...

Malas novas: por mor da troca de día do Lamañazo TÍAM GZ non poderán acompañarnos este xoves por motivos laborais.

Pedimos desculpas ao público que contaba coa súa presenza nesta primeira edición do festival.

Agradecemos de corazón á banda toda a súa disposición e interese dende o comezo, e todas as voltas que deron para tentar acudir na nova data. Mais non foi posíbel.

Agardamos poder argallar algo con eles nun futuro próximo.

No seu lugar fará o seu debut como DJ para o gran público a nosa Laura, cun listado de cancións que non deixará a ninguén indiferente...

En breve publicaremos os novos horarios... vémonos o xoves!



13 jun 2023

Lamañazo Rock: entidades colaboradoras




 

8 jun 2023

Aprazamento do Lamañazo!


 

7 jun 2023

Lamañazo Rock: cuarta banda confirmada!

Fábrica de Espejos é unha formación de synth pop altamente emocional con cadencia shoegaze.


6 jun 2023

Lamañazo Rock: terceira banda confirmada!

Pladür é un dúo de lo-fi punk. Fan cancións sinxelas e pegadizas sobre as cousas que lle pasan á Lúa e o Santi.


Lamañazo Rock: segunda banda confirmada!

A música tradicional virá da man das Searas nesta primeira edición do festival, formación cunha xa longa andaina polas festas e celebracións da bisbarra.


2 jun 2023

Lamañazo Rock: primeira banda confirmada!

TIAM Gz é un grupo de rap galego formado en Chantada no ano 2018 por Iago Suárez «Iagueiro», Álex Varela «Alessov», Brais Vázquez «Torozas» e Matías Zelarayán «Mr. Mati». Os integrantes do grupo definen a súa música como «rap feito na casa» a través do cal, ademais de transmitir as súas ideas persoais, inclúen temática político-social que se encadraría no galeguismo combativo. Afirman que o rap é o xénero musical que máis os representa porque outorga máis liberdade de expresión a quen canta e convida á reflexión e ao pensamento a quen escoita.


 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India