26 ene 2023

Libro de narrativa do club de lectura das nais, pais e amigas (II trimestre)

Unha noite no tren da Vía Láctea
Kenji Miyazawa

Por fin a famosísima obra literaria de Kenji Miyazawa se publica en galego. Neste volume, traducido por Gabriel Álvarez e ilustrado por Miguel Robledo, inclúense sete dos seus relatos máis coñecidos: ‘Unha noite no tren da Vía Láctea’, ‘A estrela da avenoiteira’, ‘A araña, a lesma e o tanuki’, ‘A oficina dos gatos’, ‘Orbel e o elefante’, Matasaburó, o do vento’ e ‘Gauche o violoncellista’. A poesía do cotián, a desbordante imaxinación e a tenrura caracterizan un clásico moderno, considerado “o Principiño” da literatura xaponesa.



25 ene 2023

Libro de poesía do club de lectura do alumnado (II trimestre)

Carta al mundo
Emily Dickinson

Emily Dickinson era una gran poeta cuya vida continúa siendo un misterio. Sus poemas, breves, intensos y contradictorios, nos revelan un alma enigmática. Por ello, su obra no puede abordarse con un criterio puramente textual. Isabelle Arsenault muestra una rica comprensión de su poesía, creando una meditación sutil sobre la vida de Dickinson y cómo esta influye en su verso.



24 ene 2023

Libro de fantasía do club de lectura do alumnado (II trimestre)

Visitantes da Estrela Vermella
Tomás González Ahola

Dril e Gat viven no Val, que é un lugar pequeno pero confortábel. Alí non hai guerras, tampouco propiedades. Todo o mundo colabora no sustento dos demais. O mellor de todo é que a través dos cristais do Val vense as estrelas máis fermosas.
Porén, algo terríbel acontece e de súpeto acaban nun lugar inmenso e estraño ao que chaman a Terra. Alí, os destinos da xente son dominados por un goberno tiránico ao que moi poucas persoas se atreven a facer fronte.
Malia que só son unha moza e un mozo adolescentes, a súa chegada pode cambiar o futuro de millóns.



23 ene 2023

Libro de BD e Manga do club de lectura do alumnado (II trimestre)

Maus
Art Spiegelman

Ratos e gatos serven a Art Spiegelman para narrar con gran mestría e unha linguaxe innovadora a biografía do seu pai, Vladek, xudeu polaco supervivente do Holocausto. Con esta conmovedora historia, Spiegelman marcou un fito na novela gráfica.



20 ene 2023

Libro de "as outras" do club de lectura do alumnado (II trimestre)

A Celeste la compré en un rastrillo
Arantza Portabales Santomé

Este segundo libro de nuestra colección Lenguas de Ornitorrinco sirve  para demostrar que una de las voces más originales y frescas del panorama microrrelatístico español necesitaba su propio libro. En él, con su personalísimo estilo, sensible sin sensiblerías, preñado de un fresca y agradable austeridad, nos muestra todas sus inquietudes, sus esperanzas y, sobre todo, su desbordante visión de la vida con todas sus contradicciones.



22 dic 2022

Felices festas e un lector ano 2023!

 


9 dic 2022

Reunión presencial do club de lectura de nais, pais e amigas!!!

O vindeiro martes 20 de decembro, a partires das 16:30 horas e na biblioteca do centro, teremos a primeira reunión presencial logo de moito, moito tempo, do club de lectura de nais, pais e amigas. Nela falaremos da novela de María Oruña "El bosque de los cuatro vientos" e, coma sempre, de todo aquelo que poida ir xurdindo.



 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India