Marilar Aleixandre
20 oct 2020
Libro de poesía do club de lectura das nais, pais e amigas (I trimestre)
Desescribindo
Marilar Aleixandre
Marilar Aleixandre
En Desescribindo as voces das mulleres gabean desde as marxes dos pergamiños até arrogarse o papel do Verbo, empuñan o lapis contra a tinta invisibilizada,xorden da auga sen consentir en trocar voz por pernas, lembran que as cordas do violín dalgúns foron tripas arrincadas das entrañas doutras. Non é un proceso que transcorra sen conflito, deixa cicatrices que ás veces precisan ser esgazadas de novo.
19 oct 2020
Día das Escritoras 2020
Angeline Rose, Elena, Estela, Iván, María, Mateo, Rebeca, Sara, Tim, Juan e Tania len fragmentos de Chiyo-ni, Ledicia Costas, Antía Otero, Gloria Fuertes, Emma Couceiro, Arancha Nogueira, Lupe Gómez, Chus Pato e Arantza Portabales (a quen pertence o último texto) para celebrar hoxe, 19 de outubro, o Día das Escritoras.
https://www.ivoox.com/dia-das-escritoras-2020-audios-mp3_rf_57981641_1.html
Libro de poesía do club de lectura do profesorado e persoal non docente (I trimestre)
De animais e outros deuses
Ángeles Madriñán
Ángeles Madriñán
Medrar é facerse cargo do pouco que un ten para o lonxe que quere ir. Onde todo acaba e só che queda a terra das unllas para sementar nela, alí nace a poesía deste libro. Porén albardada con pouca cousa es quen de agatuñar polos vieiros prohibidos ás nenas bonitiñas que non luxan o vestido. Na cima do penedo fitei para o Monte de Mouroces coa calma precisa. Souben que non necesitaba ir máis lonxe. Que xa chegara. Que estaba na casa.
- Na casa, repetín cun berro que o eco me devolveu coma unha caricia.
- Na casa.
Libro de narrativa do club de lectura do profesorado e persoal non docente (I trimestre)
Mnemea
Xosé Duncan
Xosé Duncan
Miña sombra, meu reflexo, miña dona
Esta é a historia dun libro que está por escribir, dunhas páxinas que se resisten a encherse de palabras. A obsesión de Lois Mourinho por rematalo lévao até os confíns da loucura, ao limiar da realidade onde Mnemea o agarda.
A sombra desa muller con recendo a primavera bísballe ao ouvido… Canto sacrificarías por acadar o éxito? Canta dor serías capaz de provocar con tal de cumprir os teus soños? Que é o realmente importante? Que perdurará de ti cando xa non esteas? É o momento de decidir se seguimos alimentando os nosos demos ou se rematamos con eles, para sempre.
1 oct 2020
25 sept 2020
17 may 2020
Lendo a Carvalho Calero...
"Som Isolda a das brancas mans" do livro "Cantigas de amigo e outros poemas" de Ricardo Carvalho Calero, lido por Raquel, María, Xabier, Virginia, Uxía, Enzo, Lois e Laura, e musicado por Raquel, Virginia e Enzo, alunado de LPM de 1º de Bacharelato e do clube de leitura do IES Lama das Quendas de Chantada, sendo coordinador Juan Manuel Vázquez.
A ilustraçom, de Mac Harshberger (1900-1975).
A pesar dos tempos que nos tocam viver, dende a data do 23 de abril, Dia do Livro, ate o 17 de maio, Dia das Letras Galegas, iremos publicando segundo nos vaiam chegando fragmentos da obra de Ricardo Carvalho Calero, escritor homenageado este ano, lidos por membros da comunidade educativa do Lama das Quendas dende cadanseu lugar de confinamento, e cos médios de registro que haja a mam...
E que sigam as leituras!!!


10:58
A quenda do libro




