19 nov 2013

As rapazas de 3º e PCPI

       Ola!
       Xa vos dixen que non tiña foto da reunión de 3º e PCPI pero grazas a Aimara dispomos desta que vos deixo.



      Velaí tedes as  rapazas de 3º e do PCPI  que o pasado 12 de novembro compartiron o recreo no Club de Lectura.


      Grazas por prestarnos a fotografía e por estar.

      Aburiño

       

16 nov 2013

Reunión de 1ºA de E.S.O.

           Ola!

Myspace Fun Flash Comments
 
         Agárdovos na Aula Multimedia.
       Vémonos!!!

Os de 3º de E.S.O. e PCPI xa comezaron a ler

       Ola a tod@s!
     O pasado martes  tivemos reunión do alumnado de 3º de ESO e o do PCPI.Destes últimos só había unha rapaza anotada pero chegou á Aula Multimedia con outras dúas compañeiras do mesmo curso.Un placer recibilas. 

      De terceiro viñeron moi poucas persoas porque tiñan algunhas actividades que facer con outros profesores. Disculparon a súa ausencia e intentaremos que non se solapen de novo as actividades programadas no I.E.S.

       Fixemos algunah actividade lúdica  como resolver algún acertixo e tamén lles ensinei un truco de "adiviñación".Elas ben saben.

       Presentamos o libro para ler que ensta ocasión é o de Agustín Fernández Paz titulado O Único que queda é o amor. No noso caso quédanos moito amor polas lecturas  e quedamos en vernos na seguinte reunión e comentar o libro.

       As , de sobra coñecidas, escasas habilidades miñas coas cámaras de vídeo ou fotos impiden que vexades a algunha das asistentes á reunión. Pero estar estivemos e  ben agusto.

      Ata o vindeiro día.
      Aburiño!!

11 nov 2013

Agradecemento ao Club de Lectura do CPI Tino Grandío de Guntín


       Ola!
      Déixovos un enlace co blog do CPI Tino Grandío de Guntín no que se da conta dunha boa cantidade de libros que nos prestan porque nós somos tantos que precisamos moitos.

      Despois de ler a entrada concordaredes comigo que lles queren aos libros como a verdadeiros amigos.


       Os libros chegaron o pasado venres e pasaremos ao reparto  durante esta semana.

      Consultade aquí o blog do Clube de lectura irmán Empréstamo ao I.E.S Lama das Quendas

       O noso agradecemento máis fondo para as persoas dese centro.

      Aburiño!
 

10 nov 2013

Convocatoria do alumnado de 3º y PCPI


Lady Bug Note Generators
 
       Quedades citados.
       Aburiño!!

5 nov 2013

Comezou o traballo do equipo de 4º

          Ola !
       Hoxe  tivemos reunión do equipo de 4º de E.S.O. Apareceron dous rapaces máis dos que se anotaran nun principio, así que estamos moi contentos da acollida que vai tendo este grupo de xente( que cada vez é menos rara ) que se adica a ler e comentar as lecturas.
      
     


 Desta volta tiña escollido para os de 4º ( e tamén para outros cursos  segundo iredes vendo) un  albúm ilustrado de Miguelanxo Prado: De profundis.

       




       Como ben sabedes Miguelanxo Prado acaba de gañar o Premio Nacional de Cómic 2013 pola súa obra Ardalén.Pois ben quixemos facerlle unha merecida homenaxe polo que lles contei anécdotas de cando Miguelanxo estivo en Chantada con ocasión dunha Feira do Libro na que foi autor do cartaz, e despois  adícamonos a ollar  Trazo de Tiza, Pedro e o lobo, A mansión dos Pampín ... ao son da música da Xove Orquestra de Galicia  quen dirixida por Joam Trillo interpretaba Pedro e o lobo.
       Esta rapazada de 4º, na súa maioría,  non é lectora de banda deseñada e nalgúns casos foi o primeiro achegamento a este xénero que  combina a linguaxe verbal e a linguaxe icónica e no que tanta importancia teñen  os elementos paratextuais.
       Xa comezaron a interesarse polo  cómic deste autor e agardo que fose o punto de partida para unha longa viaxe ao través  das obras dos fantásticos autores aos que nos poidamos achegar.
       A min gustame moito abrir portas.Logo cadaquén escolle se se adentra ou non  por cada unha delas.

       Puxemos tarefa para a seguinte reunión , pero xa falaremos dela noutra ocasión.

       Déixovos con algunha imaxe da sesión de hoxe que se nos fixo curta porque soou o timbre da clase e seguían sentados sen moverse.Non, non lles permitin saltarse a clase seguinte.



      Que o pasedes ben lendo!
    Aburiño!


3 nov 2013

Convocatoria do alumnado de 4º de E.S.O.

       Ola amig@s!
      

Lady Bug Note Generators

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India