10 may 2013

Emenda.

Como vos dicía onte  , había un erro no nome de unha das  rapazas que leron. E amablemente ,Televinte fixo a  corrección hai un par de horas polo que nós insertamos  agora o vídeo correcto.




          Grazas!!

9 may 2013

Cando a luniña aparece...

         

          E  en Televinte  escoitamos e vemos a Marian e Andrea...
         Tod@s sabemos que é Marian, non está ben o nome que aparece. Pode que o subsanen deseguida pero mentres a Deus o que é de Deus e ao César o que é do César.
          Len este fermoso poema que remata dese xeito tan romántico:


Aí tes o meu corasón
si o queres matar ben podes:
pero, como estás ti dentro,
tamén, si ti o matas, morres.



         Facédelle un sitio  á poesía no voso corazón.
      Paga a pena!

     Grazas Marian ! Grazas Andrea!
     Ata mañá!

8 may 2013

Cantar para non chorar?

               Ola!

          Novo día, nova poesía. Nesta ocasión é Noela quen le a Rosalía. Esta di que a gaita galega non canta,que chora. Ti que cres?

        


        Eu o que quero e que cante!
      Grazas Noela!
      Ata mañá
      

7 may 2013

Canta se queres/ na lengua que eu falo

              Hoxe , martes 7 de maio  "cantaron" na nosa lingua Jorge e José Luis.Pola mañá  no Correlingua e pola noite en Chantada.

          Pois iso... cantemos; porque xa o di o refrán :o que canta...


          Vale, vale, velaí vai o primeiro dos poemas de Cantares Gallegos.




             Seguímonos  vendo e escoitando!
             Ata mañá!!

6 may 2013

Neste luns ...oíde campás!

Ola!!
Oídes campás?

Pero, sabedes onde?


Iso é ,en Bastabales!! É Marina  quen  as fai sonar!





Grazas Marina!

Lembrade que mañá non nos xuntamos no clube de lectura  porque xuntos ,no Correlingua ,defenderemos o Galego no mes das Letras galegas.

Aburiño!

4 may 2013

Novo día, outra poesía.


          Ola rapazada!
          Onte, venres, tocoulle asomarse  ás pantallas a Sergio Simón que nun precioso día de primavera nos ofreceu  "Como chove miudiño" de Cantares Gallegos.
          Olládeo e escoitádeo.



          Parabéns!!
          O luns máis.
          Aburiño

2 may 2013

Comeza o mes das Letras Galegas!!

Ola rapazada!!
Non creades que nestes días non houbo reunións.Non estivemos calados. Tampouco quietos.Polos corredores, nas clases, no instituto e fóra del encontrámonos  decotío.
Veredes.
Levamos días organizando o mes das Letras Galegas que imos celebrar de xeito especial.
Sabedes que o 17 de maio adícase a Roberto Vidal Bolaño , pero nós estamos a traballar a poesía no Club de Lectura  e ,aproveitando que neste mes se conmemora o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos  de Rosalía de Castro , imos render un sinxelo homenaxe  á autora de Padrón.
Coa colaboración da Biblioteca do IES Lama das Quendas e Televinte ( a canle de Tv local)  cada día rapaces  de todos os cursos da ESO lerán un fragmento de un  dos seus poemas.
Fíxose coa mellor intención , con todo gusto e  a mellor das disposicións polo que vos agradezo a vosa inestimable colaboración.
Déixovos o vídeo  para que,neste primeiro día, poidades escoitar a Martiño e Verónica.


Xa sabedes: Un poema para cada día de maio.
Vémonos e escoitámonos!
Aburiño

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India