11 jun 2012

Novas

Hoxe hai unha reunión informativa no recreo, no sitio de sempre, relativa á saída que imos realizar a última semana do curso e o calendario das actividades finais: recital poético en portugués e francés e convite.
Non esperedes a que volo conten outros!

25 may 2012

Esperamos que disfrutásedes moito coas actividades que houbo esta semana, organizadas polo Departamento de Lingua e Literatura Galega e o alumnado de 1º de BAC. A eles temos que agradecerlles que encheran de versos e de amor polos poemas o Salón de Actos cos seus proxectos, e tamén a presenza de Alberte Momán e Eli Ríos para que nos achegasen ó outro lado dos poemarios, o dos autores e autoras que crean estas composicións líricas.
Aproveitade para despedirvos hoxe da Semana da Poesía ata o ano!






14 may 2012

Usha

Hoxe comentamos Usha no recreo, coma sempre na aula multimedia. Non vos esquezades.
Ídevos preparando porque a vindeira semana vaise celebrar a Semana de Poesía (organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura), con moitas actividades lúdico-poéticas, como en anos anteriores.

27 abr 2012

Seguen os libros a esgalla

O Mercado de Libros de segunda man aínda estará activo o luns, para que botedes unha última ollada os exemplares que fican sen lector/a e para que os despistados e despistadas que aínda teñen algún dos vales recollan un libro ou llo regalen a alguén.
O mércores, día 2, a sección de adultos comenta Los renglones torcidos de Dios, que xa vai sendo hora de endereitalos.

25 abr 2012

Libros a esgalla

Recordade que o Mercado de Libros segue activo ata o venres 27, e que aínda podedes traer exemplares para intercambiar ou mercar algún que vos interese.

Raquel Ledo Doval (4º ESO A) resultou gañadora do Concurso de logo, que xa podedes ver na marxe lateral. Mayte Arias Novoa, Mª Ángeles Domínguez e Borja Eiriz García (de 3º B) son os autores do lema, que lle da título a este blogue dende fai algún tempo ("A quenda do libro"). Noraboa a todos. A entrega de premios terá lugar en maio, previsiblemente en datas próximas á celebración do Día das Letras Galegas.

16 abr 2012

Xa podedes recoller os exemplares de Usha no recreo.

O día 30 de marzo, veu Afonso Eyré, que foi alumno deste centro educativo, presentar o seu último libro, O penalti de Fuco, e falarnos de fútbol, como testemuñan estas imaxes:

13 abr 2012

Aviso urxente: mercado de libros

A semana que se celebra o día do libro (23 de abril) imos ter un mercado de libros de segunda man no centro. Podedes achegar todos aqueles exemplares que queirades, en bo estado, en calquera lingua, para poñer á venda.
Non esquezades botarlle un ollo ós fondos que tedes na casa!
Lembrada tamén que este luns repártense os exemplares de Usha.

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India