7 mar 2012

Os que máis len recomendan...

María, de 1º ESO B recomenda La última jungla (Mar Cole)
 "Me gustó mucho porque es muy divertido, aunque no empieza muy bien. Hay una historia de amor, los protagonistas son de nuestra edad y les ocurren muchas aventuras, aunque a Madison no le gustan."
Lidia, de 1º ESO A recomenda Las dragonas no muerden (Dagmar Mueller) porque "é divertido, fácil de ler e de entender. O protagonista, Daniel, e os seus amigos levan unha sorpresa coa broma que lles gastan Amelia, a súa veciña, e as súas amigas."




A Lucía, de 1º ESO gustoulle Palabras de caramelo (Gonzalo Moure) porque "é unha historia moi bonita, pero moi triste, conta a amizade entre un neno con moitos problemas e a súa mascota (un camello). É un libro fácil de ler."

5 mar 2012

Nas xuntanzas da semana pasada comentáronse as lecturas O asasinato da profesora de lengua (os rapaces e rapazas) e as tres obras propostas de Agustín Fernández Paz (o profesorado).
Ademais, establecéronse os seguintes libros para ler: Los renglones torcidos de Dios, de Torcuato Luca de Tena, para os maiores, e Usha, para o alumnado. Hai algúns exemplares destas dúas obras no centro, e proximamente chegarán máis.

13 feb 2012

O mércores 29 comentamos as propostas para o grupo de adultos (obras de Fernández Paz), no mesmo sitio e lugar da última vez.
O luns 27 de febreiro, no recreo, na aula multimedia, reunímonos para comentar El asesinato de la profesora de lengua. Non esquezades vir!
No concurso de lema resultou gañadora a proposta "A quenda do libro", que, como podedes ver xa da nome ó noso blogue. Ademais, xa temos logo, e en breve poderedes velo aquí.

30 ene 2012

Xa chegaron os exemplares de El asesinato de la profesora de lengua, pasade a recollelos na biblioteca ou nas xuntanzas do Club de Lectura.

13 ene 2012

Outro ano de lecturas

Xa estamos de novo en activo; o vindeiro luns comentaremos El asesinato del profesor de matemáticas, de Jordi Sierra i Fabra.
A seguinte obra de lectura vai ser El asesinato de la profesora de lengua, do mesmo autor, para que os profes de letras non se sintan discriminados.

22 dic 2011

Ata o 2012!

Ben, amiguiños e amiguiñas, despois das xuntanzas para comentar Cuento de Navidad (luns 19, rapazada e mércores 21, profesorado) comenzamos as vacacións de Nadal, que ben aproveitadas dan para descansar, estar coa familia e cos amigos, xogar e troulear, e, por suposto, seguir lendo á vontade. En concreto, neste club de lectura quedan abertas as páxinas de El asesinato del profesor de matemáticas, de Jordi Sierra i Fabra (para a ESO) e O único que queda é o amor ou Non hai noite tan longa, a elixir (calquera dos dous de Agustín Fernández Paz), para os maiores. Ademais, hai unhas propostas marabillosas no blogue da bilioteca (Biblioquendas): non deixedes de botarlles unha ollada.
Xuntanza de adultos
(Cuento de Navidad)

Xuntanza en inglés
(A Chrismas Carol)
Á volta desta paréntese festiva, aproveitaremos para colocar o noso taboleiro de anuncios, recén chegado ás instalacións do instituto, ver e colgar algunha das fotos que nos fixeron nas últimas actividades, elixir o título gañador entre os propostos para nomear este Club de Lectura e falar, cómo non, de libros e lecturas petiscando algunha cousa, para favorecer a memoria e a imaxinación.
Por certo, non esquezades que xa logo remata o prazo para presentar un logo!
Boas festas!



16 dic 2011

Xa vén o Nadal!

Para ir collendo xeito de festa, o vindeiro luns, coma sempre no recreo, na aula multimedia,  imos facer unha sesión en inglés, en relación coa obra Cuento de Navidad de Charles Dickens. Non esquezades vir!



 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India