Se nos días pasados fixemos fotografías de persoas cun libro na man a carón dunha árbore , nesta xornada tocou ambientar a biblioteca con elas.Hai algunhas ben tenras de familias enteiras lendo xuntos , por exemplo.
Dado que o 23 de abril é sábado , e por tanto día non lectivo, adiantamos os actos que, durante toda a semana, contribuirán a lembrar a data da morte de Miguel de Cervantes e William Shakespeare hai xa 400 anos. Ambos autores seguen sendo lidos, tantos anos despois!,por estudantes e afeccionados á literatura en xeral.
Se queres contemplar as fotografías dos lectores e lectoras que se retrataron , acude á biblioteca. Non defraudan.Só son un entrante comparado co que nos agarda.
0 comentarios:
Publicar un comentario