O pasado xoves houbo tamén reunión do club de lectura.Para facilitar a asistencia á reunión (é o único día da semana que os de 4º de E.S.O. teñen libre) xuntámonos na Aula Multimedia para falar de Bajo la misma estrella de John Green.
De entrada manifestaron que era un libro fantástico, encantoulles pola historia e polo xeito de ser contada. Algunhas rapazas falaban de que non podían parar de ler e , a pesar das moitas tarefas diarias, buscaban o xeito de poder continuar coa lectura dos capítulos.Houbo alguén que non viviu a mesma experiencia, máis ben ao contrario, porque en determinados momentos se lle facía costoso continuar.Tampouco podía expresar moi ben por que.
Algunhas das persoas asistentes tiveron o seu primeiro contacto coa historia a través do libro , sin embargo outras viran o filme e quixeron despois facer a lectura. Estas últimas tiñan sensacións diferentes porque película e novela non "coincidían". Pero iso si, choraron os sete chorares unhas e outras.
Como tardaran en deixarnos libre a Aula Multimedia,practicamente non houbo tempo para máis pero como tod@s tiñamos ganas de facer máis críticas e comentarios quedamos para o vindeiro xoves,29 de xaneiro.
E se a rapazada está disposta, as mediadoras tamén.
Vémonos na semana!
0 comentarios:
Publicar un comentario