Durante o recreo de hoxe acudiu ao Salón de Actos do centro, a rapazada de 3º e 4º que desexa participar en A Quenda do Libro.
Somos todos os que estamos, mais nos estamos todos os que somos porque algúns rapaces comunicaron a imposibilidade de estar neste primeiro encontro pola súa ausencia do instituto. Pero tiveron a deferencia de buscarnos e pedirnos que contásemos con eles. Faltaría máis!
O lugar desta primeira reunión foi escollido en previsión dunha elevada afluencia e resultou unha boa medida porque os numerosos asistentes, sobre todo de 3º de E.S.O., non caberían en ningunha das nosas aulas.
Na xuntanza de hoxe so retomamos o contacto e marcamos as liñas de actuación durante este curso 2014-2015.Liñas que serán explicadas máis polo miúdo nas reunións que programaremos para cada grupo.
Rematadas as primeiras reunións cos alumnos, e, a vista dos concorrentes, podemos afirmar que o Club de Lectura medrou en número de alumnos e tamén en número de grupos. Dos seis grupos do ano anterior pasamos a OITO grupos neste!!!
Alguén dubida do interés pola lectura no Lama das Quendas?
0 comentarios:
Publicar un comentario