Hoxe, 23 de abril de 2014 conmemoramos o Día Internacional do Libro no I.E.S. Lama das Quendas cun evento que tiñamos no noso blogue e no facebook onde foi moi visitado. O evento en facebook tivo 235 visitas o que nos enche de satisfacción.
Hoxe fixemos unha liberación masiva de libros.É posible que o de "masiva" sexa algo inapropiado porque non logramos un cuantioso número de liberacións. Por que? Despois da xornada, xa temos analizado o resultado e consideramos tres razóns principalmente. A primeira porque foi un evento demasiado "pegado" ás vacacións de Semana Santa e aínda hai moito alumnado "readaptándose" á rutina de clases. Outra razón é que no instituto se celebrou hoxe o Chantadas´s got talent no que actuaban moitísimos alumn@s e a esa empresa adicaron os seus esforzos dado que o resto dos compañeiros os ían ver ,e , xa por último , unha das razóns que considero máis determinantes é que a actividade, en definitiva, consiste en regalar libros e isto non é tan fácil ,non hai moitas persoas que estén dispostas.
Pero, voltando ao evento, tivemos unhas rapazas que nos axudaron a rexistrar os libros que outras persoas nos achegaron.
Velaí tedes a un par delas mentras rexistraban e liberaban distintos libros.
Houbo cinco adultos que nos achegaron libros. Algun deles fíxonos chegar o exemplar dende Coruña ou Ourense, por exemplo. Os outros tróuxoos a rapazada.
E en total liberáronse 10 libros. Os seguintes títulos:Contra el viento del Norte , Curioso incidente del perro a medianoche, Tan cerca del aire, En castellano no hay problema, Escenarios fantásticos(2) ,La sal de la vida: carta a un amigo, La sonrisa de Clara, Cuentos de fantasmas , Los templarios y la mesa de Salomon.
Podedes velos nestas imaxes :
Todos estes exemplares e algún máis están na entrada do IES Lama das Quendas, na Zona de Liberación. Xa sabedes que podedes achegarvos ao noso instituto, coller un dos libros, metervos na páxina de bookcrossing, introducir o BCID ( que é coma o pasaporte do libro) para que saibamos en que mans está. Logo podes leelo, facer un comentario sobre el na mesma páxina e despois liberalo de novo para que recorra o mundo.
Aquí vos deixo o enlace Páxina para introducir o BCID do libro atopado en bookcrossing
Sabedes que calquera día é bo para liberar un libro. Se non sabes como facelo, dende A Quenda do Libro , che ofrecemos a nosa colaboración. So tes que achegarte a preguntar cando desexes.
So me queda desexarvos que teñades un bo día na compaña dos libros.
Aburiño!
0 comentarios:
Publicar un comentario